A disfrutalo!
mércores, 27 de febreiro de 2019
venres, 22 de febreiro de 2019
VENRES DE HISTORIAS
DÍA DA LINGUA MATERNA
Para conmemorar o día da Lingua Materna, grazas ó Concello de Betanzos, tivemos a inmensa sorte de contar coa gran contadora de historias Raquel Queizás. Quen a pesar da súa escordadura, que lle impedía moverse, foi quen de guiar polo mundo máxico da fantasía e das historias os nosos grupos de 3º de Primaria co seu relato de Travesías. Aventuras de libro.
O COELLIÑO BRANCO
Este xoves, 21 de febreiro, unha rapaza e un rapaz de 6ºA foron durante a hora de lectura a agasallar a dúas aulas, 2ºD e 3ºB, coa lectura dramatizada do conto "O coelliño branco" de Antonio Ballesteros Rey.
luns, 18 de febreiro de 2019
VENRES DE HISTORIAS
Continuamos enchendo os venres con historias.
Desta vez en Infantil seguen coas Historia de Ratiños de Arnol Lobel e en Primaria desfrutando da curta de animación "The potter".
domingo, 17 de febreiro de 2019
venres, 15 de febreiro de 2019
DÍA DA MULLER NA CIENCIA EN INFANTIL
No edificio de infantil tamén os corredores teñen nome de mulleres científicas. A Fada Mariña festexou este día con todos os rapaces e rapazas.
luns, 11 de febreiro de 2019
CORREDORES CON NOME DE MULLER
Para conmemorar o día Internacional da Muller e da Nena na ciencia, puxemos nome os corredores dos edificios de Primaria. Escollemos mulleres científicas relacionadas co tema que estamos a investigar dentro do PDI.
Agora toca profundizar un pouco na vida destas interesantes mulleres!
domingo, 10 de febreiro de 2019
RECOMENDACIÓNS DE LIBROS NOS CORREDORES
Co fin de estimular e animar a que os nosos alumnos lean outros libros diferentes aos máis comerciais, decidimos facer unha escolla de libros por niveis e expoñelos nos corredores. No noso centro cada nivel ocupa un corredor dunha planta.
Os corredores de 3º, 4º, 5º e 6º teñen esta nova exposición de libros. Cada libro leva un agasallo a modo de marcapáxinas personalizado.
VENRES DE HISTORIAS
Seguen os Venres de Historias.
Esta semana en Infantil a fada Mariña tróuxolles aos máis peques a proxección dun conto.
En Primaria este venres suspendeuse a actividade por mor dos xogos da semana de Paz. O vindeiro venres seguiremos...
domingo, 3 de febreiro de 2019
OBRADOIROS DE ENTROIDO
Deron comezo na biblioteca os novos Obradoiros de Entroido.
Debido ó grande éxito que tiveron os de Nadal, o equipo de Voz Natura organizou estes para os que xa non quedan plazas.
Desenvolveranse ó longo de varias semanas e farán caroutas, perrucas, gafas... todo tipo de complementos para ir ben caracterizados no vindeiro Entroido.
VENRES DE HISTORIAS. SEGUIMOS...
Continuan os Venres de Historias e con moito éxito.
Na biblioteca de Educación Infantil desfrutaron do conto "O rato e os ventos" incluído dentro do libro "Historias de ratiños" de Arnol Lobel.
Na biblioteca de Primaria tivemos a proxección da curta de Pixar " A Ponte" para reflexionar sobre a forma de resolver os problemas nesta semana da Paz.

Subscribirse a:
Publicacións (Atom)