25/11/2021

VENRES DE HISTORIAS. TOUPICIENCIA

 Hoxe, compartimos con vós non unha curta, se non toda unha serie de 8 curtametraxes de divulgación científica: TOUPICIENCIA. A XANELA DO MAXÍN.

Nelas aprenderedes sobre a rotación da Terra, os átomos, os sentidos... e moitas cousas máis

Clicade na imaxe para acceder a elas



Contacontos-concerto virtual a prol da non violencia contra as mulleres


Para celebrar o 25 de novembro, O Concello achegounos unha proposta musical avalada pola Deputación Provincial .

Sabela King á voz e ao ukelele e Carlos Gil ao piano interpretan composicións de produción propia que achegan á rapazada ritmos brasileiros, blues ou rock&roll ao tempo que nos falan de relacións afectivas sas, de igualdade ou da importancia de rachar cos estereotipos sexistas .






 

DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES


Celebramos este día sendo moi reflexivos. Compartimos a visión sobre a igualdade que aparece nalgúns contos? Seguramente atopaches estereotipos que non se axustan á túa realidade habitual. Tes que ter en conta cando foron escritos e como eran as persoas ás que ían dirixidos. Aquí tendes algunhas opinións de nenas e nenos. Que opinas ti? 


                                   
                               

Os compañeiros de 5º E elexiron que personaxes querían ser!





Aquí tendes un conto ben coñecido ao que o algúns alumnos da Universidade de A  Coruña lle deron unha volta e representaron "Érase dúas veces a bella durminte"



Non deixedes de ver estas curtas que tamén nos axudan a valorar ás nenas e as mulleres.


                             

                              https://www.educarenigualdad.org/documento/?id=4778

Por último, queremos facervos unha doble invitación, a primeira, a visitar a biblioteca e ver a exposición que temos para celebrar o 25 de novembro e a segunda é a participar na convocatoria que nos fai a ONU.  https://observatorioviolencia.org/pinta-el-mundo-de-naranja/                                                                             

                                                         



18/11/2021

VENRES DE HISTORIAS. TIO LOBO

 Están de volta os VENRES DE HISTORIAS!! 

Por riba de virus, grupos burbulla, normas, distancias e protocolos están as gañas de estar xuntos e compartir contos e historias.

Comezamos coa adaptación que XOSÉ BALLETEROS fixo do conto italiano  TIO LOBO,  que está publicado pola editorial KALANDRAKA e podedes atopar na biblioteca. 

ADRIANA E LOLA de 6ºB fan, para todos nós, unha fantástica e nova interpretación.

Grazas polo voso traballo!!!














15/11/2021

BIBLOFEIRA ESPECIAL CIENCIA EN GALEGO

Realizamos a Biblofeira celebrando od Mes da Ciencia en galego nas bibliotecas da man de Amparo Alonso Betanzos, profesora, enxeñeira química e investigadora en intelixencia artificial. 
A autora salienta que "... a ciencia é o piar do benestar social e económico, o coñecemento xera persoas e sociedades máis libres e críticas e as bibliotecas son, en parte, as gardas dese coñecemento. Que máis necesitamos para gozalas?." 

Aquí tendes  unha excusa perfecta para ir á nosa Biblioteca Vales de Leo e Mariña. Mirade que Biblofeira !!!
Mes da ciencia de bibliotecavales

Ademais, podedes acceder a moitísimos máis recursos premendo nos seguintes enlaces: https://www.pinterest.es/bescolaresgal/ciencia-en-galego-libro-informativo/ https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=ciencia
 
E se que o que queredes é visitar Museos Científicos, premede no enlace de debaixo da foto e veredes como podedes facelo. Animádevos !!!



https://www.coruna.gal/mc2/gl/detalle/semana-da-ciencia-nos-museos-cientificos-coruneses/suceso/1453780056611

14/11/2021

NO SAMAÍN COCIÑAMOS DE MEDO !

O ALUMNADO DE 5ºE INSPIROUSE EN "ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA" PARA PREPARAR UNS PRATOS BEN SABOROSOS !!!
Escarlatina, a cociñeira defunta de Bibliotecavales

XESÚS FRAGA XA É PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA. PARABÉNS!!!

Xesús Fraga, exalumno do noso cole, gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra  " Virtudes  (e misterios )" , unha novela escrita en galego. Nela conta a historia da súa familia, otorgango un papel protagonista ás mulleres, especialmente á súa avoa e á súa nai. 

A temática da emigración é esencial no libro e nos fai reflexionar non só sobre a súa vertente socioeconómica, senón tamén no relativo ao que supón de enriquecemento persoal.



Nós tivemos a sorte de contar, hai xa algún tempo, coa presenza de Xesús na nosa Biblioteca e contounos que foi precisamente no noso cole onde se deu conta de que alguén tiña que escribir esas historias que lle gustaba tanto ler. 

Aquí tamén escribiu a súa primeira historia, na clase de galego, titulada " O meu primeiro suspenso", un relato que contou con tanto realismo que o mestre pensou que se trataba dunha vivenza persoal.

Xesús  tamén nos dixo que as historias xurden da vida e que por iso sempre leva unha libretiña onde apuntar as que se lle ocorren. De seguro que xa ten novas anotacións que darán lugar a outra obra estupenda. Parabéns !!!











SABADOS MIÚDOS : "CONTOS DO CHUPETE"

 Este sábado 20 de novembro de 2021 ás 12:00 h na Aula de Usos Múltiples terá lugar o contacontos “Contos do chupete” por conta de Migallas Teatro dentro do programa de dinamización lingüística para público infantil Sábados Miúdos do Concello de Betanzos.

O contacontos está destinado a nenos e nenas de ata 4 anos e as súas familias e ten unha duración de 35 minutos. A actividade ten 15 prazas, con preferencia para os nenos e as nenas empadroadas, que poderán asistir acompañadas dun máximo de 2 persoas adultas.

 O prazo de inscrición para o espectáculo estará aberto en www.betanzos.gal (novas>sábados miúdos) desde as 10:00 h desde o 15 ao 18 de novembro de 2021 e ata cubrir as prazas. A confirmación da praza realizarase antes da actividade no enderezo electrónico facilitado no momento da inscrición.





03/11/2021

DÍA DO LECTOR EN HOMENAXE A XOSÉ NEIRA VILAS

No Calendario do Libro e a Lectura 2021 aparece, por primeira vez, o 3 de novembro como Día do Lector/a, coincidindo co nacemento de Neira Vilas.

O noso cole tivo a grandísima sorte de contar coa presencia do autor antes de que el morrese e queremos celebrar este día recuperando esta visita inesquecible. 


Se queres ver os vídeos preme no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/course/view.php?id=49