Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Rosalía. Amosar todas as publicacións

02/03/2017

HOMENAXE A ROSALÍA DE CASTRO

O venres 24 de febreiro alumnas e alumnos do colexio participaron nunha homenaxe a escritora, celebrada no Liceo de Betanzos, organizada polo Concello en colaboración coa asociación Eira Vella.
Clicando aqui podedes ver o programa.
Os vídeos das actuacións podedelos ver no blogue do Equipo de Dinamización Lingüística do colexio Non te cortes coa lingua.



Parabéns polo voso traballo!!!

29/02/2016

SOÑAMOS CON ROSALÍA

Este ano descubrimos que Rosalía de Castro tamén soñaba desperta, igual que nós a través deste poema:

Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso, 
de min murmuran e exclaman: 
- Aí vai a tola soñando 
coa eterna primavera da vida e dos campos,
e xa ben pronto, ben pronto, terá os cabelos canos,
e ve tremendo, aterecida, que cobre a xeada o prado.

-Hai canas na miña cabeza, hai nos prados xeada,
máis eu prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,
coa eterna primavera da vida que se apaga
e a perenne frescura dos campos e as almas,
aínda que os uns esgótanse e aínda que as outras se abrasan.

Astros e fontes e flores, non murmuredes dos meus soños,
sen eles, como admirarvos nincomo vivir sen eles?
Rosalía de Castro


Grazas a ela aventurámonos a descubrir o que soñaban, soñaron e soñan aínda os nosos maiores.
Destácovos un. O que soñaban uns avós cando eran nenos. Dí así:  " Cando miña avoa era pequeniña soñaba con ter unha boneca, porque non tiña ningunha, con poder estrear roupa nova, porque tiña a mesma todo o ano, e poder ir o colexio todos os días porque tiña que traballar no campo. Cando meu avó era pequeno soñaba con poder comer froita porque era moi cara e non se podía comprar, poder ter zapatos novos porque tiña unhas alpargatas e montar nun coche porque cando un pasaba polo pobo todos os nenos o seguían por detrás"

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS a todos os que nos abríchedes o voso corazón e compartístedes os vosos soños cos vosos fillos e fillas, netos e netas e con todos nós.

28/02/2016

Día de Rosalía en Betanzos

Un ano máis o Concello de Betanzos e a Asociación cultural Eira Vella organizaron unha homenaxe a Rosalía de Castro na que o noso colexio participou.
Se premedes nas imaxes podedes ver as intervencións de nenos e nenas.

Has de cantar. Alumnado de 2º
Vida de Rosalía. Alumnado de 5º Poemas. Escolma I. Alumnado de 5º Poemas. Escolma II. Alumnado de 5º

Has de cantar

Nenas e nenos de 1º móstrannos as ilustracións que fixeron para a canción Has de cantar, extraída do libro Rosalía pequeniña, de Uxía, publicado por Galaxia.


19/02/2016

Día de Rosalía de Castro

O día 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, data que coincide coa do nacemento da autora no ano 1837.
Para que coñezades a súa vida e a súa obra elaboramos estas dúas presentacións:






Tamén recopilamos varios materiais que elaboraron colexios e outras institucións para que continuedes adentrándovos na figura desta importante escritora.

Biblioteca da Caracola Tola

Biblioteca do CEIP Pilar Maestú Sierra
Test


       



Pasapalabras



CP Nª Sra de los Ángeles.
El Esparragal. Murcia

18/02/2016

Rosalía de Castro cantada

Na súa obra Rosalía trata temas universais que trascenden o tempo.
O amor, o desamor, a ledicia, a festa, a beleza, a terra, a emigración, a soidade, …están presentes na súa obra.
Músicos de diferentes estilos interpretaron e seguen interpretando os seus poemas.
Aquí podedes atopar unha escolma:
adios rios-adios fontes a xustiza pola man a viuva airiños
para a Habana bos amores amores cativos meniña gaiteira
pobre Galicia repoludo gaiteiro canto de emigracion Alborada jazz
adios rios-adios fontes 2 airiños-airiños-aires cancion de emigracion-2

14/03/2015

Eu son Rosalía

A Asociación de escritores en lingua galega propuxo que nos acercaramos á diversidade temática da obra de Rosalía de Castro sentindo o mesmo que ela expresa na súa poesía, de modo que cada persoa descubra con cal das múltiples sensibilidades da autora se sente máis identificada.
Aquí vos presentamos o sentir do noso colexio:

(Cada fragmento da imaxe enlaza o vídeo dun curso)

Cuarto de infantil. Aprendemos con Rosalía Quinto de infantil. Bailamos con Rosalía
Sexto de infantil. Recitamos, cantamos e escribimos con Rosalía Primeiro de primaria. Un poema, cinco interpretacións
Segundo de primaria. Vente, rapaza Terceiro de primaria. Has de cantar
Cuarto de Primaria. Recitamos a Rosalía Cuarto de primaria. Un poema, tres visións
Quinto de primaria. Compartimos con Rosalía Sexto de primaria. Sentimos con Rosalía
Grazas a José Luis Pariente, técnico do Concello de Betanzos, pola súa dedicación a este traballo.

26/02/2015

Día de Rosalía en Betanzos

De novo, alumnado do centro participou no acto de homenaxe a Rosalía de Castro que organizaron a Asociación cultural Eira Vella e o Concello de Betanzos.
Presentaron á autora e o tempo no que viviu, recitaron, cantaron e bailaron, mostrando así que a figura de Rosalía segue presente entre nós, os galegos.


Como chove miudiño Rosalía e o seu tempo
Adiós ríos, adiós fontes. Merengue
Poemas recitados

(Premede en cada unha das catro partes do debuxo e veredes as súas intervencións)

24/02/2015

Como chove miudiño

Nenas e nenos de 1º de Primaria móstrannos as ilustracións que fixeron para o poema Como chove miudiño que aprenderon da man da cantante Uxía e da profesora de música.
A canción foi extraída do libro-disco Rosalía pequeniña, editado por Galaxia.



(Premede na imaxe para ver a presentación)

22/02/2015

Rosalía de Castro para os máis pequenos

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.
Mirade esta presentación para coñecer algo da vida e da obra da nosa gran escritora:



Tamén elaboramos unha presentación para os máis maiores.

08/04/2014

E tamén... poesía para todos, todos

Nenas e nenos do CEIP Santo Paio de Abaixo (Redondela) recitan en lingua de signos o poema de Rosalía Adiós ríos, adiós fontes.


28/02/2014

Rosalía pequeniña

Rosalía pequeniña
soñaba con ser pirata.
A pequena Rosalía
escribía na nosa fala.
A neniña silandeira
...
Así comeza a canción que interpreta Uxía no libro-disco Rosalía pequeniña e así a ilustraron os nenos e nenas de infantil.


24/02/2014

Día de Rosalía. 2014

O pasado 21 de febreiro conmemorouse en Betanzos o Día de Rosalía cun recital poético-musical organizado polo concello de Betanzos e a A.C. Eira Vella.
Dende a biblioteca colaboramos coa organización do acto e propiciamos a participación do noso alumnado, que recitou e cantou poemas de Rosalía.
Preme en cada título e verás o vídeo:

14/02/2014

Día de Rosalía

O 24 de febreiro conmemórase o Día de Rosalía, coincidindo coa data na que naceu no ano 1837.
Mirade esta presentación para coñecer algo da vida e da obra da nosa gran escritora:



En datas recentes atopáronse tres poemas da autora que eran descoñecidos, neste podcast do programa de RNE1 Esto me suena podedes escoitar a Mª Jesús Lamas explicándoo: