29/02/2016

SOÑAMOS CON ROSALÍA

Este ano descubrimos que Rosalía de Castro tamén soñaba desperta, igual que nós a través deste poema:

Din que non falan as plantas, nin as fontes, nin os paxaros,
nin a onda cos seus rumores, nin co seu brillo os astros,
dino, pero non é certo, pois sempre cando eu paso, 
de min murmuran e exclaman: 
- Aí vai a tola soñando 
coa eterna primavera da vida e dos campos,
e xa ben pronto, ben pronto, terá os cabelos canos,
e ve tremendo, aterecida, que cobre a xeada o prado.

-Hai canas na miña cabeza, hai nos prados xeada,
máis eu prosigo soñando, pobre, incurable sonámbula,
coa eterna primavera da vida que se apaga
e a perenne frescura dos campos e as almas,
aínda que os uns esgótanse e aínda que as outras se abrasan.

Astros e fontes e flores, non murmuredes dos meus soños,
sen eles, como admirarvos nincomo vivir sen eles?
Rosalía de Castro


Grazas a ela aventurámonos a descubrir o que soñaban, soñaron e soñan aínda os nosos maiores.
Destácovos un. O que soñaban uns avós cando eran nenos. Dí así:  " Cando miña avoa era pequeniña soñaba con ter unha boneca, porque non tiña ningunha, con poder estrear roupa nova, porque tiña a mesma todo o ano, e poder ir o colexio todos os días porque tiña que traballar no campo. Cando meu avó era pequeno soñaba con poder comer froita porque era moi cara e non se podía comprar, poder ter zapatos novos porque tiña unhas alpargatas e montar nun coche porque cando un pasaba polo pobo todos os nenos o seguían por detrás"

GRAZAS, GRAZAS E GRAZAS a todos os que nos abríchedes o voso corazón e compartístedes os vosos soños cos vosos fillos e fillas, netos e netas e con todos nós.