16/03/2026

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. 

   
 

  Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura! 

09/03/2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS - MARZO

Coa chegada da primavera, o alumnado do Vales seguiu compartindo as súas lecturas favoritas na sección de recomendacións lectoras do xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca. Un mes máis, os nosos lectores e lectoras convertéronse en auténticos embaixadores dos libros, animando a outras persoas a descubrir historias cheas de maxia, emoción e diversión.

Neste mes de marzo, as recomendacións chegaron desde distintos cursos e con temáticas moi variadas.

Mónica Carlisa, de 3º A, recomendou Las ratitas 9. La cabaña embrujada, unha aventura chea de maxia e misterios protagonizada por dúas irmás que viven sorprendentes experiencias mentres axudan á súa familia. Pola súa banda, Jared Montero, de 3º B, escolleu Álex y el sueño de ser futbolista, unha historia inspiradora que fala dos soños, do esforzo persoal e da importancia de confiar nun mesmo para conseguir os obxectivos que nos propoñemos. Completa esta selección Lucas Cagiao, de 6º B, coa súa recomendación de Los Simpson: La historia familiar, un libro que permite coñecer mellor a famosa familia amarela e descubrir curiosidades sobre unha das series máis coñecidas da televisión.

Estas recomendacións reflicten a diversidade de intereses do noso alumnado e demostran que sempre hai un libro perfecto para cada lector ou lectora, sexa cal sexa a súa idade ou as súas afeccións.

Desde BiblioVales queremos felicitar a Mónica, Jared e Lucas por compartir as súas lecturas favoritas e agradecer ao xornal ACEBE: Betanzos e a súa comarca que continúe dando visibilidade ás recomendacións lectoras do noso alumnado.

Marzo chegou cargado de aventuras, maxia, soños e moitas páxinas por descubrir. Grazas ás nosas lectoras e lectores por seguir contaxiando o gusto pola lectura!



Betanzos e a súa comarca. Marzo 2026 (400)

08/03/2026

SUPERMULLERES DE CONTO

Cada 8 de marzo se conmemora o Día Internacional da Muller, unha data para lembrar a loita das mulleres pola igualdade de dereitos, pola xustiza e por unha sociedade máis equitativa. 

Hoxe é un día para recoñecer o papel fundamental das mulleres na historia, na ciencia, na cultura e no día a día. 

Dende a biblioteca escolar convidámosvos a descubrir historias inspiradoras de mulleres valentes que cambiaron o mundo.

En galego:

 





En castelán: