14/11/2021

XESÚS FRAGA XA É PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA. PARABÉNS!!!

Xesús Fraga, exalumno do noso cole, gañou o Premio Nacional de Narrativa coa súa obra  " Virtudes  (e misterios )" , unha novela escrita en galego. Nela conta a historia da súa familia, otorgango un papel protagonista ás mulleres, especialmente á súa avoa e á súa nai. 

A temática da emigración é esencial no libro e nos fai reflexionar non só sobre a súa vertente socioeconómica, senón tamén no relativo ao que supón de enriquecemento persoal.



Nós tivemos a sorte de contar, hai xa algún tempo, coa presenza de Xesús na nosa Biblioteca e contounos que foi precisamente no noso cole onde se deu conta de que alguén tiña que escribir esas historias que lle gustaba tanto ler. 

Aquí tamén escribiu a súa primeira historia, na clase de galego, titulada " O meu primeiro suspenso", un relato que contou con tanto realismo que o mestre pensou que se trataba dunha vivenza persoal.

Xesús  tamén nos dixo que as historias xurden da vida e que por iso sempre leva unha libretiña onde apuntar as que se lle ocorren. De seguro que xa ten novas anotacións que darán lugar a outra obra estupenda. Parabéns !!!