A Federación de ANPAS Compostela organiza o CONCURSO FOTOGRAFÍAS POLA IGUALDADE.
Este concurso fotográfico está dirixido ao alumnado e as familias dos centros de infantil, primaria, secundaria e bacharelato, conservatorios e escolas de música públicos co obxectivo de que plasmen nunha imaxe como ven a igualdade en calquera ámbito da vida.Toda a información sobre as bases do concurso, o formulario de inscrición e os documentos de autorización necesarios están accesibles na web deste concurso:
http://fotografiaspolaigualdade.fanpacompostela.gal/inscricions/
O prazo estará aberto ata o 16 de maio.