O Día das Escritoras reivindica o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este ano, celébrase o día 15 de outubro baixo o lema :
"Ler as idades da vida"
Dende a Biblio queremos aproveitar esta data para homenaxear a Emilia Pardo Bazán, posto que o pasado 12 de maio cumpríronse 100 anos da morte desta escritora galega , considerada por moitos como a mellor novelista española do século XIX.
Debaixo tedes o vídeo dun conto escrito por ela, "La moneda del mundo". Escoitádeo e animádevos a escribir.
Gustouvos o conto? De seguro que si. Se queredes ler máis textos de escritoras galegas, non tedes máis que premer non enlace de abaixo.
E se queredes, tamén podedes ver neste video a unha das vosas escritoras favoritas! Aquí tedes a Ledicia Costas.