TODO O COLEXIO CELEBROU DURANTE VARIOS DÍAS ESTA DATA TAN SINALADA. MIRADE QUE BEN QUEDARON OS VOSOS TRABALLOS !
DÍA DO LIBRO de bibliotecavalesO alumnado de 1º celebrou o Día do libro decorando as súas fiestras cun gran mural para que todos o vexamos no patio.
Como bos escritores e escritoras que son, os rapaces e rapazas de 2º comparten con nós os seus contos. Todos eles suceden, sucederon ou poden suceder en Betanzos. Lede e veredes !O alumnado de 3º tamén nos agosallou cos seus contos. Todos os personaxes viven nas augas do Mandeo e da Terra das Mariñas.
O alumnado de 4º festexou o Día do Libro infantil e o Día do Libro con actividades variadas encamiñadas a recoñecer e resaltar a importancia que os libros teñen na nosa vida.
Deixámosvos aquí algunhas delas: