Como sabedes, celebramos unha data moi especial, máis dende a Biblio xa o levamos celebrando dende o día 1 (Bibliofeira ) e máis co pasado "Venres de Historias" e as súas interesantes propostas.
Hoxe, traemos ao noso Blog a Declaración da Directora Executiva da ONU sobre o Día Internacional da Muller 2021. Nela denuncia que durante a pandemia estase a producir un aumento da violencia contra as mulleres e as nenas insostible.
Con todo, existen algúns logros que son motivo de celebración, aínda que sigan a ser claramente unha excepción. Son as mulleres que teñen chegado ao máis alto de entidades como á Organización Mundial do Comercio, ao Fondo Monetario Internacional ou ao Banco Central Europeo e esperamos que se produzan máis nomeamentos deste tipo.