23/04/2015

23 de abril. Día Mundial do libro

Un ano máis conmemoramos o Día do Libro e facémolo como máis nos agrada: lendo e escoitando historias.
Unhas cóntanas os compañeiros maiores, outras contacontos profesionais e outras os propios autores.
Imos enlazar a conmemoración deste día coa do Día da Letras Galegas, con este programa:
  • Nenas e nenos colaboradores da biblioteca lerán contos ao alumnado de 5º e 6º de infantil na súa nova "biblio".
  • O alumnado de 1º de primaria gozará dos contos que conte Raquel Queizás.
  • Os de 2º de primaria encontraranse con Abraham Carreiro.
  • Tucho Calvo acompañará ao alumnado de 3º co seu Paxaro de mar e vento.
  • Nenas e nenos de 4º realizarán un roteiro literario con Alfredo Erias.
  • Ledicia Costas compartirá o seu libro Escarlatina, a cociñeira defunta co alumnado de 5º.
  • Charo Anido (mamá dunha nena do colexio) presentará ao alumnado de 6º un conto da súa autoría.


FELIZ DÍA DO LIBRO 2015!

08/04/2015

Novos colaboradores

Acaban de incorporarse os novos colaboradores da biblioteca. Trátase de 65 nenos e nenas de 5º.
Primeiro foi a formación: coñeceron as normas que deben observar e as tarefas que teñen que realizar.
Agora xa están colaborando nos recreos, xunto cos compañeiros de 6º.




02/04/2015

Día do libro infantil

Dende o ano 1967, o 2 de abril, data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos.

Cada ano, unha sección nacional do IBBY, selecciona a un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo.

Este ano, o país elixido é Emiratos Árabes Unidos. O deseño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian, e o texto, de Marwa Obaid Rashid Ao Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país.