27/05/2024

Hoxe presentamos...ALDARA: A LENDA DO CERVO BRANCO

A obra de hoxe e unha mostra da vida e costumes dun grupo de rapaces do rural galego da primeira metade do século XX. É algo moi valioso porque poderedes descubir moitos detalles da vida de entón por medio desta lectura, aínda que, como podedes imaxinar polo título da obra, estamos a falar dunha aventura moito máis ambiciosa.

Aldara é unha nena que, ademais de pesarlle todas as tarefas diarias que unha rapariga ten que facer na casa e fóra dela naquela época, está atormentada por unha desgraza familiar ocorrida nun pasado recente.  As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido desde hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vaise a quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares.

Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares, a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas apreciarán na súa xusta medida.

ALDARA de Biblioteca Vales Villamarín

25/05/2024

LETRAS GALEGAS

 Para conmemorar a autora a que se lle adican as Letras galegas este ano, Luisa Villalta, realizamos diversas actividades como unha exposición sobre a autora e sobre os libros en galego. Tamén o día 15 de maio e o día 24 de maio tivemos, nos recreos de historias e música, diversas actuacións relacionadas co folclore galego e un conto titulado A princesa Sabela que nos relatou Juan de 4º E. A continuación deixámovos os vídeos e as imaxes.

LETRAS GALEGAS de Claudia

23/05/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 Para rematar o segundo trimestre, tivemos na biblioteca a Jairo, de 4º E, que nos interpretou unha peza da banda sonora do filme Harry Potter. Tamén nos acompañaron Natalia Campos, Rosalía Capón e Elba Díaz, de 4º B e 4º A, relatándonos o conto O monstuo rosa. Que ben o pasamos!


Presentación Bellas Artes Vintage Scrapbook Colores Neutros de Claudia

20/05/2024

DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o DÍA DO LIBRO, todas as rapazas e rapaces do cole achegáronse á biblioteca ó longo de 3 semanas para coñecer ós contos traballados ó longo do PDI O BOSQUE DOS CONTOS. 

Deseñáronse diversas actividades que se desenvolveron grazas á colaboración dos GARDIÁNS DOS CONTOS.


O bosque dos contos de Biblioteca Vales Villamarín

Hoxe presentamos...ASTRONAUTAS: MUJERES EN LA ÚLTIMA FRONTERA

Hoxe queremos que descobras de preto o humor e o empuxe de Mary Cleave, Valentina Tereshkova e as primeiras mulleres no espazo.

Se os Estados Unidos enviaron ao primeiro home á lúa, foi o programa espacial soviético o que fixo que Valentina Tereshkova fose a primeira muller en ir ao espazo. Con todo, as primeiras astronautas da NASA superaron con fartura o fito das soviéticas. O precursor Grupo 9, a primeira clase de xénero mixto da NASA, enfrontouse ao reto de demostrar aos directivos que o lugar dunha muller está no espazo. Polo camiño, tamén descubriron que á NASA quedaba moito por aprender se querían que as viaxes espaciais fosen posibles para todas as persoas.

ASTRONAUTAS. MUJERES EN LA ÚLTIMA FRONTERA de Biblioteca Vales Villamarín

14/05/2024

MÉRCORES DE HISTORIAS, LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas cunha Animación á Lectura en Galego acompañada de boa música tradicional da nosa terra. Esta semana tivemos distintas exhibicións de baile, grazas ás distintas agrupacións culturais do Concello de Betanzos, nas que participades moitos alumnos e alumnas do colexio. Estas exhibicións son tamén un momento moi especial porque nos visitan exalumn@s que comparten así, connosco, parte das celebracións. Queriamos darvos as gracias pola vosa alta participación en Venres de Historias, que adiamos nesta ocasión para o mércores, e vos adiantamos que imos disfrutar durante dúas semanas das vosas lecturas en galego, así como do son alegre e rebuldeiro das vosas pandeiretas.
VENRES DE HISTORIAS 15 de marzo de Biblioteca Vales Villamarín


Luisa Villalta, autora á que se lle adican As Letras Galegas este ano, tamén tivo presencia na nosa biblioteca da man da artista Raquel Queizás, quen nos axudou a dar vida a algunha das obras de Luisa.

13/05/2024

Hoxe presentamos...PÁJARO BLANCO

Hoxe traémosvos a primeira novela gráfica de J.R.Palacio que ten un simbolismo tan  potente que é capaz de traernos do pasado unha valiosísima mensaxe.

A avoa de Julian cóntalle como ela, Sara, foi acollida por unha  familia en pobo francés, ocupado polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial.Explícalle como foi perseguida por ser xudía e como o neno ao que todos rexeitaban converteuse no seu salvador e mellor amigo.

Esta desgarradora e conmovedora experiencia demostra o poder da  amabilidade para cambiar corazóns, construír pontes e mesmo salvar  vidas. Como a súa avoa lle di a Julián: "Sempre se necesita valor para  ser amable, pero naqueles tempos, esa amabilidade podía custarche todo."

PÁJARO BLANCO de Biblioteca Vales Villamarín

06/05/2024

Hoxe presentamos...A VIÑETA DE SCHRÖDINGER

Hoxe queremos darvos a coñecer "A viñeta de Schrödinger", unha revista trimestral de banda deseñada galega que contén historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Kohell, Miguel Porto, Aldara Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Zaida Novoa,  Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M. Fraga, Fernando Llor, Kiko da Silva e portada de Miguel Robledo. Ademais de entrevistas a autores/as nacionais e internacionais feitas por Roberto M. Sotomulo. Agardamos que vos guste.

SCHRÖNDINGER de Biblioteca Vales Villamarín