27/05/2024

Hoxe presentamos...ALDARA: A LENDA DO CERVO BRANCO

A obra de hoxe e unha mostra da vida e costumes dun grupo de rapaces do rural galego da primeira metade do século XX. É algo moi valioso porque poderedes descubir moitos detalles da vida de entón por medio desta lectura, aínda que, como podedes imaxinar polo título da obra, estamos a falar dunha aventura moito máis ambiciosa.

Aldara é unha nena que, ademais de pesarlle todas as tarefas diarias que unha rapariga ten que facer na casa e fóra dela naquela época, está atormentada por unha desgraza familiar ocorrida nun pasado recente.  As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido desde hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vaise a quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares.

Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares, a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas apreciarán na súa xusta medida.

ALDARA de Biblioteca Vales Villamarín