03/06/2024

Hoxe presentamos...¿Y A TI QUÉ TE HA PASADO?

Hoxe presentámosvos a historia de Janne, pero tamén a da súa familia, a dos seus amigos e a de todos nós. Unha novela gráfica poderosa e valente que convida á reflexión sobre a amizade, a diversidade e os trastornos alimentarios.

Janne non é como o resto da súa familia. Iso é o que lle di a súa avoa. Os demais están delgados, e ela non. A avoa non é a única que opina sobre a aparencia de Janne. Os compañeiros do cole tamén o fan. Janne refúxiase na comida fronte a unha contorna a miúdo hostil. A súa familia quere axudala a perder peso, pero os problemas de Janne non desaparecen como os quilos. E a ti que che pasou? é un poderoso libro sobre a amizade e sobre a importancia do apoio familiar e do diálogo. Jenny Jordahl regálanos unha historia importante e inspiradora.

¿Y A TI QUÉ TE HA PASADO? de Biblioteca Vales Villamarín