Para disfrutar do verán non esquezades ter sempre un bo libro á man.
Vémonos en setembro!!!
27/06/2016
17/06/2016
A Berenguela
Os nenos e nenas de 5ºA puxeron imaxes e voz á obra de teatro de Manuel María "Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela"
Esperamos que vos guste.
![]() |
Preme na imaxe para ver o vídeo |
15/06/2016
BENVIDA 2016
O venres 3 de xuño démoslle a benvida ós nenos e nenas de Educación Infantil, do noso colexio e das unitarias adscritas de Coirós, Ois, Areas e Viñas, que o vindeiro curso comezarán con nós a etapa de Primaria.
Coa axuda dos alumnos de 1º, que fixeron de guías, os pequenos viñeron coñecer lugares do "cole de maiores" como a cociña, o Departamento de Orientación, o pavillón, a sala de usos múltiples e a biblioteca. En cada lugar tiveron unha sorpresa.
Aquí, na biblioteca, coñeceron a Leo, a nosa mascota e disfrutaron da historia "Una montaña de amigos" de Kerstin Schoene.
Aquí, na biblioteca, coñeceron a Leo, a nosa mascota e disfrutaron da historia "Una montaña de amigos" de Kerstin Schoene.
Neste libro, maravilloso, cóntase a historia dun pingüín que non podía acadar o seu soño: voar e chegar ás nubes e como, grazas ós seus amigos, o acada. Eles tamén lle axudaron facéndolle un globo aeróstatico, para que sempre que o desexe, poida voar.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)