28/10/2023

Recreos creativos

No vales temos moitas opcións para gozar no momento do recreo. Pero unha das máis demandadas, sen dúbida, é o RECUNCHO FEDELLEIRO.

Este é un espazo onde desenvolvemos a nosa creatividade e a nosa imaxinación. Xogos, construcións, programación... MIRADE QUE VEN O PASAMOS.



Novidades na biblio...EL MAGO DE OZ

O mago de Oz é o conto infantil norteamericano máis lido e traducido a outras linguas; por tanto, un dos libros favoritos dos nenos de todos os países. A historia cóntanos a viaxe fantástica de Dorothy polo camiño de lastras amarelas cara á Ciudad Esmeralda, xunto aos seus compañeiros, o espantallo, o leñador de hojalata e o león covarde, en busca do mago de Oz.

Aínda que afastado dos argumentos tradicionais dos contos populares, garda unha mensaxe que é o de propugnar a ben fronte ao mal e a verdade fronte á falsidade, así como o de ensinar que a intelixencia, a bondade, o esforzo, o valor e a solidariedade deben ser as calidades que todos os nenos e adolescentes han de posuír para chegar a ser adultos exemplares.

EL MAGO DE OZ de Biblioteca Vales Villamarín


MATERIAIS COMPLEMENARIOS

24/10/2023

Día das Bibliotecas Escolares

Abrimos esta xanela neste curso, para amosar e compartir como conmemoramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES visitando a nosa biblio e gozando nela.

Moitas máis cousas andan a sucerder .... iremos contando.

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES de Biblioteca Vales Villamarín

23/10/2023

Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI)

 A UNESCO propón a celebración da semana AMI baixo o lema:

ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL NOS ESPAZOS DIXITAIS: UNHA AXENDA COLECTIVA



Hoxe presentamos...MARIETA

 Aquí tedes outra fantástica colección de libros de banda deseñada. Agardamos que vos gusten.

COLECCIÓN MARIETA de Biblioteca Vales Villamarín

20/10/2023

Novidades na biblio...BRUXA E FAMILIA

 
As «pequenas grandes» cousas, nas que nin reparamos ás veces, agroman nestas historias para intentar comprender o mundo que nos rodea con toda a súa complexidade e beleza.

BRUXA E FAMILIA de Biblioteca Vales Villamarín

16/10/2023

Día das escritoras

 O DÍA DAS ESCRITORAS queremos facer unha pequena homenaxe a todas as escritoras galegas. Por iso, queremos compartir con vós, unha pequena escolma dos libros das escritoras galegas que máis abundan na nosa biblioteca. Agardamos que vos guste e non esquezades pasar pola biblioteca a coller algún exemplar.

Hoxe presentamos...MARCOPOLA - A ILLA REMEIRA

Aquí podes ver os exemplares desta magnífica colección que podes atopar na nosa biblioteca.
COLECCIÓN MARCOPOLA de Biblioteca Vales Villamarín

MATERIAL COMPLEMENTARIO