03/12/2024

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DIVERSIDADE FUNCIONAL

 Hoxe celebramos un día no que todos nos paramos a pensar durante un ratiño o difrentes que somos uns dos outros e como esa diversidade nos enriquece a todos e a todas. 

Dende a biblio, queremos poñer á vosa disposición os libros que nos axudan a entender mellor que as distintas capacidades fan que tamén sexan diferentes as necesidades que cada un de nós temos.

Día das persoas con diversidade funcional de bibliotecavales

29/11/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 O mes de outubro volvimos a encher de vida a biblioteca do colexio e, polo tanto, tamén voltaron os venres de contos e música. A continuación deixámosvos un resumo de todas as historias e pezas musicais que descubrimos, escoitamos e desfrutamos ao longo destas semanas.


Presentación Proyecto Literatura Libros Creativa Orgánica Colorida de Claudia

14/11/2024

VENRES DE BIBLIO XA ESTÁ AQUÍ

 
Leo e Mariña están encantados de anunciar o inicio do noso programa VENRES DE BIBLIO

A partir de mañá 15 de novembro de 2024, a biblioteca do cole abrirá ás súas portas pola tarde para recibir a toda a comunidade educativa: alumnado, familiares, traballadores do centro...

Este espazo está pensado para fomentar o amor pola lectura e a aprendizaxe en familia. Queremos que sexa un punto de encontro onde poder gozar dos libros e compartir momentos inolvidables todos os venres pola tarde.

Agardámosvos mañá para comezar esta nova aventura xuntos.




RECORDADE:


  • LUGAR DE ENCONTRO: biblioteca do edificio de primaria (hai que timbrar para poder entrar).
  • HORARIO: Todos os venres de 16.00 a 18.00
  • USUARIOS/AS: alumnado de infantil e primaria, familias e persoal que traballa no centro.
  • QUE SE PODE FACER:
    • Ler ou consultar meterial da biblioteca.
    • Empréstitos.
    • Traballos do cole.
    • Xogar co material da biblioteca.
  • IMPORTANTE: Os/As menores deberán estar SEMPRE acompañados dunha persoa adulta. Non pode quedar ningún menor só na biblioteca durante este servizo. O profesorado de garda non é responsable dos menores, está na biblioteca para facilitar o empréstito de libros e a súa devolución.

08/11/2024

Os venres de historias e música.

 Neste mes de novembro teremos a sorte de gozar  nos recreos de "Venres de Historias"  coa música e os contacontos  de...

Venres de Historias de bibliotecavales

24/10/2024

SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL

Do 24 ao 31 de outubro, celebramos a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI), impulsada pola UNESCO. Este ano, o lema é: "As novas fronteiras dixitais da información: Alfabetización mediática e informacional para a información de interese público".

Nun mundo cada vez máis dixital, é fundamental aprender a recoñecer información fiable e a identificar noticias falsas. Desde a nosa biblioteca escolar, queremos axudar a desenvolver estas habilidades tan necesarias para o futuro.

As bibliotecas escolares comprométense a ofrecer recursos e apoio para que todos, especialmente as nenas e nenos, teñan acceso á información de calidade, á cultura e ao coñecemento, sen deixar a ninguén atrás.

📢 Xuntos, aprenderemos a navegar no mundo dixital de forma segura e responsable.



DÍA DAS BIBLIOTECAS

Desde 1997, cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas para lembrar a importancia destes espazos na nosa sociedade. Este ano, o lema é "Por un futuro sostible". Queremos destacar o papel das bibliotecas (públicas, escolares, universitarias e moitas máis) na construción dun mundo mellor.

As bibliotecas non son só lugares onde atopamos libros. Tamén son espazos que promoven a igualdade, a xustiza e o coidado do medio ambiente, axudándonos a aprender e a reflexionar sobre temas importantes para o noso futuro.

As bibliotecas escolares, coma a nosa, ofrecen recursos e apoio para que todas as nenas e nenos poidan crecer como cidadáns críticos e activos. Este 24 de outubro, celebramos a nosa biblioteca escolar como o primeiro contacto que moitos temos coas bibliotecas e co pracer de aprender, explorar e descubrir.

🎉 Vinde celebrar o Día das Bibliotecas con nós e descubramos todo o que nos ofrecen!


14/10/2024

Hoxe presentamos... El misterio de la ciudad perdida

 


ELAS ESCRIBEN...TEATRO

14 de outubro, celebramos o Día das Escritoras, unha xornada dedicada a recoñecer e reivindicar o legado de tantas mulleres que ao longo da historia deron voz ao seu pensamento, á súa cultura e ás súas experiencias, especialmente desde os espazos periféricos e o mundo rural. Esta iniciativa, impulsada pola Biblioteca Nacional de España, FEDEPE e a Asociación Clásicas e Modernas, con apoio de ACE e CEDRO, chega á súa IX Edición baixo o lema "A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural", unha chamada a mirar e valorar as escritoras que documentaron e conservaron a vida, os sentimentos e a cultura do campo.

Para render homenaxe a escritoras como Rosalía de Castro, Concha Espina, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Gabriela Mistral, María Zambrano ou Santa Teresa de Jesús, e a tantas outras figuras anónimas que nunca tiveron a oportunidade de ver recoñecido o seu traballo, desde a nosa biblioteca escolar preparamos unha selección especial de obras de teatro escritas por mulleres que están dispoñibles para todas e todos vós.

Animamos a toda a comunidade educativa a leer tearto escrito por mulleres nesta celebración e a descubrir ou redescubrir as historias que moitas mulleres deixaron como legado. 

Celebremos xuntos o talento feminino e fagamos que a voz das escritoras resoe, desde a periferia ata o corazón das nosas escolas.


11/10/2024

ESTACIÓNS CIENTÍFICAS



Xa sabedes que este curso imos mergullarnos no PDI "Un mundo cheo de ciencia". Un enfoque que inspira á nosa comunidade educativa a descubrir e explorar o mundo científico dende múltiples perspectivas. A través das estacións científicas, cada nivel educativo participa en proxectos adaptados ao seu desenvolvemento e interese, explorando temáticas específicas que promoven o coñecemento e o espírito crítico. A continuación, presentamos as áreas de estudo nas que se centrarán cada un dos niveis:
Nivel EducativoEstacións científica
4º InfantilO corpo humano.
5º InfantilO corpo humano. / Cando a ciencia se converte en arte.
6º InfantilUn mundo cheo de luz e de cores.
1º PrimariaOceanografía. / Alimentación.
2º PrimariaBioloxía e química relacionada coa alimentación. / Meteoroloxía e clima
3º PrimariaPsicoloxía.
4º PrimariaHistoria.
5º PrimariaInventos. / Intelixencia, tecnoloxía e robótica.
6º PrimariaFísica e química


Estas estacións de científicas ofrecerán unha experiencia integral, inspirando a cada estudante a comprender a ciencia dende múltiples ángulos, reforzando así o seu interese polo coñecemento e a exploración. ¡Estamos emocionados de ver onde nos levará este ano cheo de ciencia!

01/10/2024

UN MUNDO CHEO DE CIENCIA

 

 🔬🌍 Presentamos o Proxecto Documental Integrado: "Un mundo cheo de ciencia" 🌍🔬

Este curso embarcámonos nun apaixonante Proxecto Documental Integrado (PDI) titulado "Un mundo cheo de ciencia". Durante o ano, exploraremos o fascinante mundo da ciencia, descubrindo como funciona todo o que nos rodea, dende os misterios do universo ata os avances máis sorprendentes na tecnoloxía, a saúde, o medio ambiente e moito máis.

A través de investigacións, actividades prácticas e experimentos, aprenderemos xuntos como a ciencia nos axuda a comprender e coidar o noso planeta e a mellorar as nosas vidas. Este proxecto está pensado para todas e todos, con actividades adaptadas para cada nivel e unha boa dose de curiosidade e creatividade.

Convidamos a toda a comunidade educativa a participar activamente, compartindo ideas, descubrimentos e reflexións. Preparamos a nosa biblioteca escolar para que sexa un espazo de investigación e descubrimento científico, con recursos e materiais que nos axudarán nesta aventura.

🔍 Este curso, preparemos as mentes e afiemos a curiosidade. Xuntos, imos descubrir o noso "mundo cheo de ciencia"!

Un mundo cheo de ciencia de Biblioteca de Leo e Mariña

16/09/2024

Hoxe presentamos... Harry Potter y el legado maldito


Este ano, cada luns, presentarémosvos un libro de Teatro que poderedes atopar na nosa biblioteca. Aquí tedes a primeira mostra:

11/09/2024

BIBLIOTECA ESCOLAR, A ESCENA!

A Leo e Mariña están encantados de darlle a benvida a un novo curso na nosa biblioteca escolar, onde, coma cada ano, comezamos presentando o lema das Bibliotecas Escolares de Galicia que é "Biblioteca escolar, a escena", e trae consigo un montón de posibilidades creativas para explorar o mundo do teatro e da interpretación.

O cartaz que nos acompañará durante este curso é unha fermosa obra creada pola ilustradora e muralista galega Xoana Almar. Nel, inspírase no poema de Xohana Torres, "Eu tamén navegar", onde a figura mítica de Penélope, da Odisea, deixa de lado o tapiz co que leva tempo entretida para saír en busca de novas aventuras. Esta imaxe simbólica representa non só o valor de vivir e explorar senón tamén o de compartir as historias e experiencias a través da arte e da lectura. Ao seu regreso, Penélope remata o tapiz, pero agora engadíndolle as experiencias vividas, tal e como se pode ver detrás da nena que le e interpreta a obra teatral, enriquecendo a súa historia persoal e colectiva.

Con esta imaxe enraizada na tradición do cartelismo galego, abrímonos ao mundo do teatro en todas as súas variantes: desde a interpretación ata a escritura, pasando polo teatro radiofónico e, por suposto, o goce da lectura teatral. Este lema anímanos a saír "a escena" e converter as nosa biblioteca nun espazo para ler, interpretar, crear e soñar a través do teatro.

Este curso, preparámonos para ofrecer experiencias onde o teatro será o eixo central de moitas actividades, con propostas que irán desde lecturas dramatizadas ata proxectos de escritura creativa, xogos de roles, e obradoiros de expresión corporal. Imos poñer en marcha o noso propio "escenario" na biblioteca, e todos estades invitados a participar e dar vida ás historias, explorando as diferentes facetas do teatro!

Vinde, pois, a formar parte desta aventura. Porque nesta biblioteca, todas e todos somos protagonistas.

A escena está preparada... só faltades vós!

20/06/2024

NA BIBLIO!

Despedimos este ano as actividades na biblio da man dun grupo de rapazas, que tamén nos dín ADEUS. Elas son ADRIANA, CLARA, SOFÍA, ALBA, ALOIA, ZOE, JARA, DELIA, ALICIA, OBDULIA, LIDIA, ALBA E CLAUDIA que interpretaron NA BIBLIO! de Cambia o Conto para un público miúdo e ben agradecido.

Artistas inquedas, que sempre andiveron a rebulir pola biblio do cole, e que agora marchan para o INSTITUTO

Grazas polo voso traballo e FELIZ ANDAINA!!





VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 O día 31 de maio foi o último día de venres de historias. Neste día contamos con Nahiara, Sarah e Daniela (de 4º C e E) que nos relataron O secreto de Mozart. Deixámosvos a continuación as imaxes.

Presentación de Proyecto Historia y Literatura Vintage Beige de Claudia

INVESTIGACIÓN MARIÑA

 Ó longo do curso as nenas e nenos de 3ºA convertéronse en auténticos exploradores do mundo mariño sen sair do cole. 

Buscaron información, escolleron, analizaron , sintetizaron e elaboraron as súas propias conclusións.

Clicando na imaxe podedes ver o resultado.



17/06/2024

Hoxe presentamos...DRILA COCODRILA

DRILA COCODRILA é unha nova colección de libros en letra maiúscula para aprender a ler protagonizada por cinco peculiares animais que viven nun prado moi especial.

Drila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Pradoverde, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS.

DRILA COCODRILA de Biblioteca Vales Villamarín

14/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O primeiro venres de maio tivemos a actuación de Julia Fernández e María Boado (de 6º B e 6º A) interpretando Titanic. Tamén tivemos o conto de O meu primeiro Principiño lido por Valeria Miranda, Antía Pérez, Paula García e Alba Andrade (de 4º D e 2º C). A continuación aparecen as imaxes e os vídeos dese día.
Presentación proyecto musical ilustrativa instrumentos naranja y turquesa de Claudia

13/06/2024

VENRES DE HISTORIAS VIRTUAL

Hoxe temos unha sorpresa para vós !!!.
O alumnado de 1ºD quixo despedir o último Venres de Historias do curso facendo a súa propia adaptación dun conto de Javíer Martín Ferrero.
 A Profe Cris e os nenos e nenas da súa clase narran como se crearon os planetas, coa axuda de Dona Gravidade e como esta decidiu o nome de cada un deles. 
 Se premedes no astronauta do cartel, poderedes acceder ao conto e desfrutar, tamén, das bonitas ilustracións que fixeron.
Venres de Historias 15 de xuño de Biblioteca Vales Villamarín

12/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 19 de abril contamos coa actuación de Carmen, Aroa e Naiara (de 6º E) que interpretaron a banda sonora do filme Titanic. A maiores Gustavo de 4º C relatounos A arca de Noé . Na segunte presentación aparecen as imaxes dese día.
Blue Green and Yellow Illustrated Musical Notes Brand Guidelines Presentation de Claudia

11/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 12 de abril tivemos a actuación do profe Pablo que tocou a trompa. Tamén Noa Martínez, Lola Mosquera e Lucía Varela (de 3º B) relatáronnos Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? A continuación mostramos as imaxes dese día.
Presentación Escuela de Música Proyecto Musical Instrumentos Ilustrada Infantil Morado y Verde de Claudia

10/06/2024

Hoxe presentamos...MOLLY WIND: BIBLIOTECARIAS A CABALLO

Molly Wind ten nove anos, adora ler e vive cos seus tíos e a súa irmá Ann nunha granxa ao sur dos Apalaches. As cousas non son fáciles e o diñeiro escasea pola zona, pero, xusto cando máis o necesitan, unha oportunidade cae do ceo: a biblioteca local está a contratar a mozas para que leven a literatura á xente das montañas! 

Acompañada do seu fiel cabalo Carson, Molly e el vivirán incontables aventuras entre bosques, bandidos, libros e moitos enredos. E que menos! Seica podería esperarse algo máis dunha valente bibliotecaria dacabalo e os seus amigos?

MOLLY WIND de Biblioteca Vales Villamarín

06/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

Á volta das vacacións de Semana Santa tivemos a actuación musical de Claudia e Aloia 6º D. Tamén tivemos a escenificación do conto Las diez gallinas da man de Martina e Saínza de 2º B. Por último, Candela, Águeda, Olivia e Alicia de 3º D e E contáronnos Brunilda y Bruno..
Presentación Música de Claudia

03/06/2024

Hoxe presentamos...¿Y A TI QUÉ TE HA PASADO?

Hoxe presentámosvos a historia de Janne, pero tamén a da súa familia, a dos seus amigos e a de todos nós. Unha novela gráfica poderosa e valente que convida á reflexión sobre a amizade, a diversidade e os trastornos alimentarios.

Janne non é como o resto da súa familia. Iso é o que lle di a súa avoa. Os demais están delgados, e ela non. A avoa non é a única que opina sobre a aparencia de Janne. Os compañeiros do cole tamén o fan. Janne refúxiase na comida fronte a unha contorna a miúdo hostil. A súa familia quere axudala a perder peso, pero os problemas de Janne non desaparecen como os quilos. E a ti que che pasou? é un poderoso libro sobre a amizade e sobre a importancia do apoio familiar e do diálogo. Jenny Jordahl regálanos unha historia importante e inspiradora.

¿Y A TI QUÉ TE HA PASADO? de Biblioteca Vales Villamarín

27/05/2024

Hoxe presentamos...ALDARA: A LENDA DO CERVO BRANCO

A obra de hoxe e unha mostra da vida e costumes dun grupo de rapaces do rural galego da primeira metade do século XX. É algo moi valioso porque poderedes descubir moitos detalles da vida de entón por medio desta lectura, aínda que, como podedes imaxinar polo título da obra, estamos a falar dunha aventura moito máis ambiciosa.

Aldara é unha nena que, ademais de pesarlle todas as tarefas diarias que unha rapariga ten que facer na casa e fóra dela naquela época, está atormentada por unha desgraza familiar ocorrida nun pasado recente.  As cousas van cambiar algo cando outro mozo, perdido desde hai tempo polos montes que rodean a aldea na que vive Aldara, aparece en escena e vaise a quedar na súa casa ata atopar aos seus familiares.

Tomando como inspiración unha lenda dos Ancares, a autora, con máis dun xiro argumental, introduce elementos fantásticos facendo que a aventura cobre unha dimensión máis mística que os lectores amantes dos xéneros menos realistas apreciarán na súa xusta medida.

ALDARA de Biblioteca Vales Villamarín

25/05/2024

LETRAS GALEGAS

 Para conmemorar a autora a que se lle adican as Letras galegas este ano, Luisa Villalta, realizamos diversas actividades como unha exposición sobre a autora e sobre os libros en galego. Tamén o día 15 de maio e o día 24 de maio tivemos, nos recreos de historias e música, diversas actuacións relacionadas co folclore galego e un conto titulado A princesa Sabela que nos relatou Juan de 4º E. A continuación deixámovos os vídeos e as imaxes.

LETRAS GALEGAS de Claudia

23/05/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 Para rematar o segundo trimestre, tivemos na biblioteca a Jairo, de 4º E, que nos interpretou unha peza da banda sonora do filme Harry Potter. Tamén nos acompañaron Natalia Campos, Rosalía Capón e Elba Díaz, de 4º B e 4º A, relatándonos o conto O monstuo rosa. Que ben o pasamos!


Presentación Bellas Artes Vintage Scrapbook Colores Neutros de Claudia

20/05/2024

DÍA DO LIBRO

 Para conmemorar o DÍA DO LIBRO, todas as rapazas e rapaces do cole achegáronse á biblioteca ó longo de 3 semanas para coñecer ós contos traballados ó longo do PDI O BOSQUE DOS CONTOS. 

Deseñáronse diversas actividades que se desenvolveron grazas á colaboración dos GARDIÁNS DOS CONTOS.


O bosque dos contos de Biblioteca Vales Villamarín

Hoxe presentamos...ASTRONAUTAS: MUJERES EN LA ÚLTIMA FRONTERA

Hoxe queremos que descobras de preto o humor e o empuxe de Mary Cleave, Valentina Tereshkova e as primeiras mulleres no espazo.

Se os Estados Unidos enviaron ao primeiro home á lúa, foi o programa espacial soviético o que fixo que Valentina Tereshkova fose a primeira muller en ir ao espazo. Con todo, as primeiras astronautas da NASA superaron con fartura o fito das soviéticas. O precursor Grupo 9, a primeira clase de xénero mixto da NASA, enfrontouse ao reto de demostrar aos directivos que o lugar dunha muller está no espazo. Polo camiño, tamén descubriron que á NASA quedaba moito por aprender se querían que as viaxes espaciais fosen posibles para todas as persoas.

ASTRONAUTAS. MUJERES EN LA ÚLTIMA FRONTERA de Biblioteca Vales Villamarín

14/05/2024

MÉRCORES DE HISTORIAS, LETRAS GALEGAS

Celebramos o Día das Letras Galegas cunha Animación á Lectura en Galego acompañada de boa música tradicional da nosa terra. Esta semana tivemos distintas exhibicións de baile, grazas ás distintas agrupacións culturais do Concello de Betanzos, nas que participades moitos alumnos e alumnas do colexio. Estas exhibicións son tamén un momento moi especial porque nos visitan exalumn@s que comparten así, connosco, parte das celebracións. Queriamos darvos as gracias pola vosa alta participación en Venres de Historias, que adiamos nesta ocasión para o mércores, e vos adiantamos que imos disfrutar durante dúas semanas das vosas lecturas en galego, así como do son alegre e rebuldeiro das vosas pandeiretas.
VENRES DE HISTORIAS 15 de marzo de Biblioteca Vales Villamarín


Luisa Villalta, autora á que se lle adican As Letras Galegas este ano, tamén tivo presencia na nosa biblioteca da man da artista Raquel Queizás, quen nos axudou a dar vida a algunha das obras de Luisa.

13/05/2024

Hoxe presentamos...PÁJARO BLANCO

Hoxe traémosvos a primeira novela gráfica de J.R.Palacio que ten un simbolismo tan  potente que é capaz de traernos do pasado unha valiosísima mensaxe.

A avoa de Julian cóntalle como ela, Sara, foi acollida por unha  familia en pobo francés, ocupado polos nazis, durante a Segunda Guerra Mundial.Explícalle como foi perseguida por ser xudía e como o neno ao que todos rexeitaban converteuse no seu salvador e mellor amigo.

Esta desgarradora e conmovedora experiencia demostra o poder da  amabilidade para cambiar corazóns, construír pontes e mesmo salvar  vidas. Como a súa avoa lle di a Julián: "Sempre se necesita valor para  ser amable, pero naqueles tempos, esa amabilidade podía custarche todo."

PÁJARO BLANCO de Biblioteca Vales Villamarín

06/05/2024

Hoxe presentamos...A VIÑETA DE SCHRÖDINGER

Hoxe queremos darvos a coñecer "A viñeta de Schrödinger", unha revista trimestral de banda deseñada galega que contén historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Kohell, Miguel Porto, Aldara Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Zaida Novoa,  Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M. Fraga, Fernando Llor, Kiko da Silva e portada de Miguel Robledo. Ademais de entrevistas a autores/as nacionais e internacionais feitas por Roberto M. Sotomulo. Agardamos que vos guste.

SCHRÖNDINGER de Biblioteca Vales Villamarín

29/04/2024

Hoxe presentamos...XINFU NA MALDICIÓN GUAUCHUKY

Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que fará que os nosos protagonistas viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.

XINFU de Biblioteca Vales Villamarín


27/04/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 26 de abril celebramos nos venres de historias e venres musicais a semana do libro e a semana da lingua inglesa. Para iso, Kamil de 5º E contounos A taste of the moon e o profe Xan relatounos The three billy goats. Tamén tivemos a actuación de Claudia de 6º B que nos interpretou un tema de Nirvana. Que ben o pasamos!
Presentación Música Sencillo Azul Turquesa de Claudia

26/04/2024

VENRES DE HISTORIAS EN INGLÉS

O pasado Día 23 celebrouse non só o Día do Libro, senón tamén o DÍA DA LINGUA INGLESA. Por iso, este Venres de historias a sesión de contacontos será en inglés. Ademais, a actuación musical estará adicada a Nirvana, un grupo estadounidense cun estilo que mesturaba o punk e o rock'n'roll. Pasarémolo en grande !!! 

VENRES DE HISTORIAS de Biblioteca Vales Villamarín

22/04/2024

FELIZ DÍA DO LIBRO !

Na Biblioteca de Leo e Mariña imos celebrar durante varias semanas o Día do Libro porque para nós é unha data moi especial. Sobretodo este ano, no que vos convertestes nos "Guardiáns dos Contos clásicos". 

De feito, gustounos moito ver como participábades hoxe nas actividades que fixemos na biblioteca: puzzles con instrusos do Flautista de Hamelin, Legos e manualidades coa Casiña de chocolate , Colorear e montar puzzles do Mago de Oz, colorear a Carapuchiña Vermella ou ordear viñetas da Bela durminte.

Mañá, Día do Libro, engadiremos un desafío: Identificar, a través da melodía dunha canción que soará pola megafonía do cole, o libro ao que se refire, de entre todos os que hai no mural da entrada do centro. Cando creades que asociáchedes correctamente a canción co libro correspondente, deberedes ir á entrada da biblio e depositar, completamente cuberta, a tarxeta que atoparedes xunto á Caixa "Este libro sóame" . Moita sorte e preparade os vosos oídos !!!

Este libro Sóame de Biblioteca Vales Villamarín

Hoxe presentamos...ULF DE JACOBSLAND: OS VIKINGOS EN GALICIA

 Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.

ULF DE JAKOBSLAND de Biblioteca Vales Villamarín

15/04/2024

Hoxe presentamos...PABLO & JANE EN LA DIMENSIÓN DE LOS MONSTRUOS

Unha chuviosa tarde de domingo, Pablo e Jane abúrrense en casa. Xa xogaron a todos os seus xogos, lido todos os seus libros e non queda ningún recuncho da veciñanza que non explorasen. Excepto un: a vella casa do outeiro co seu misterioso fulgor verde. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará ao máis terrorífico das viaxes: á Dimensión dos Monstros.

Para volver a casa e escapar da realidade alternativa onde están atrapados, Pablo e Jane deberán arranxar a Máquina de Aire Fantástico atopando as pezas escondidas en lugares tan aterradores como o Londres Letal, a Transilvania Terrorífica ou o Marrakech Macabro, e terán que lidar cos troles trituradores de Noruega, os cosacos cortacuellos de Moscova, as gorgonas de Atenas ou as flores malignas de Hawai.

PABLO & JANE de Biblioteca Vales Villamarín

11/04/2024

Venres de historias

Seguimos, como cada venres, animando os recreos na Biblio con Música en directo e Sesión de contacontos. Neste caso, será o profe Pablo o que nos sorprenda tocando, coa trompa,  algún dos seus temas favoritos. A continuación, tres alumnas de 3º B, contarán un dos contos que máis vos gusta ler. 

Lembrade tamén que estamos encantadas de recibirvos, acompañados por algún adulto, todos os venres, de 16 a 18 horas. Podedes vir a facer traballos, ler, levar empréstitos ou xogar cos xogos do Recuncho Fedelleiro. Anima á túa familia!


Venres de Historias de bibliotecavales


09/04/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 15 de marzo tivemos na biblio a actuación de Claudia Marínez (6ºC) interpretando Lovely. A maiores Andrea Porto de 5ºA narrounos El reto. A continuación mostrámosvos os mellores momentos dese día.
Blue Green and Yellow Collage Music Quiz Presentation de Claudia

08/04/2024

Hoxe presentamos...IMBATIBLE 1. lA JUSTICIA Y VERDURAS FRESCAS

 Non é un superheroe normal. Ten o poder de atravesar o tempo, o espazo ... e a páxina! Un poder que utilizará para frustrar plans tortuosos dos malos de todo o mundo! Pero, como llo fará o Imbatible? Será unha viaxe salvaxe, iso seguro...

IMBATIBLE de Biblioteca Vales Villamarín

03/04/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día da muller, 8 de marzo, a profe Cris interpretounos Hymne des femmes. Tamén contamos con Alba e Roi de 5ºA que leron para os nenos e nenas Rapunzel con piollos e Elío, Noa y Martín (4ºB) que recitaron o poema Mestra. A continuación aparecen as imaxes desta celebración.


Colorful Musical Instruments and Tools Picture Description Presentation de Claudia

22/03/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 1 de marzo tivemos a actuación de Tomás e Daniel Rodríguez (5º E e 3º B) que interpretaron Bohemian Raphsody. A maiores Carla Gómez, Natalia García e Sara Graíño (4º B) relatáronnos o conto Bonitas. Deixámosvos a continuación as imaxes.
Presentación Festival de música organico ilustrado creativo verde naranja de Claudia

18/03/2024

Hoxe presentamos...AS AVENTURAS DE VANI

O libro que hoxe vos traemos é unha historia auto conclusiva pero con toda a pinta de ser o primeiro dunha posible colección protagonizada por Vani, un revoltoso crío a quen vou a coñecer cando decide subir ata a cima da montaña máis alta que rodea o pequeno pobo no que vive.

Esta viaxe, a priori un plácido paseo pola montaña, vai estar chea de obstáculos e dificultades que Vani terá que superar para chegar ata o seu destino.  Para isto vai contar co seu espírito atrevido (ás veces rozando a inconsciencia), o seu carácter irreverente e un pouquiño de sorte.

O resultado final é unha lectura de ritmo áxil, chea de frescura, humor e sorpresas, que vos deixará un sorriso, grazas á fina ironía coa cal narra Jorge Campos as aventuras de Vani a través dos cinco capítulos que compoñen este álbum.  E, sobre todo, polo innegable atractivo do protagonista, un entrañable bribón tan vándalo que resulta imposible non emparentarlo con outros grandes pillos da historia do cómic como Shin Chan, Fiz ou Arale.  

AS AVENTURAS DE VANI - MONTAÑA de Biblioteca Vales Villamarín

12/03/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O pasado venres día 23 de febreiro Brais de 5º E interpretounos Vagabundo no clarinete. A maiores Noa de 1º D leunos O galo Quirico e, as compañeiras de 5ºB, Ari, Camila, Coral e Lina contáronnos e dramatizaron a historia de A miña profe é un monstro. A continuación mostrámosvos un resumo dese día.
Presentación Proyecto de Música Instrumentos Ilustrada Infantil Amarillo y Rojo de Claudia

11/03/2024

Hoxe presentamos...TIM Y TATUM

Hoxe traemos a historia da incrible amizade entre un neno e un dinosauro. Tim é diferente dos outros nenos na súa aldea prehistórica xa que ten unha marca de nacemento no seu rostro e os nenos do clan sempre se burlan del. Pero Tim ten algo que os outros nenos non teñen: o seu mellor amigo é… un DINOSAURO!

Habendo devandito iso, ser o mellor amigo dun T-Rex é a miúdo unha receita para o desastre. Como llas arranxará para manter un perfecto equilibrio entre a súa vida familiar, a do clan e a súa amizade co adorable pero incontrolable Tatum?

TIM Y TATUM de Biblioteca Vales Villamarín

04/03/2024

Hoxe presentamos...LEO Y LISA MÁS ALLÁ DE LA CIUDAD ÚNICA

O mundo cambiou. Só queda unha cidade en pé: a Cidade Única.

Leo é un inventor que usa materiais reciclados. Lisa é o seu piloto de probas. Eles cren que máis aló dos muros de Ciudad Única hai vida, pero os compañeiros de clase acósanos, o profesor os ridiculiza e o magnate da cidade perségueos. Con todo, Leo e Lisa están dispostos a todo para probar que están equivocados.

Leo e Lisa ilustrouse a partir de materiais de refugallo reciclados, para mostrar a beleza do inútil e a vida máis aló do evidente.

LEO Y LISA. MÁS ALLÁ DE LA CIUDAD ÚNICA de Biblioteca Vales Villamarín

29/02/2024

VENRES DE HISTORIAS: MÚSICA E CONTO

Copia de venres de historias : Música e conto de bibliotecavales

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 2 de febreiro tivemos na biblioteca a actuación de Antía Pérez de 2º C que interpretou Á pata coxa. Tamén desfrutamos da historia que nos contaron Iria e Ainara de 5ºB cuxo título era Carapuchiña vermella (conto que traballa todo o alumnado de 5º). Deixámosvos o vídeo e as imaxes dese día.
Presentacion festival para niños de musica ilustracion infantil beis de Claudia

26/02/2024

Hoxe presentamos...LA INCREÍBLE HISTORIA DE LA COCINA

Hoxe traémosvos un apaixonante percorrido pola historia da arte culinaria. 

En canto os humanos dominaron o lume, inventaron a cociña. Sabías que o home prehistórico inventou a cocción ao vapor e a conxelación, que os mesopotámicos crearon as sopas, o pan, a cervexa e os fornos, que a gastronomía e a arte da mesa foron símbolos do poder político?

Os grandes descubrimentos cambiaron o mundo, pero tamén a maneira para comer. De América chégannos o tomate, os pementos, a pataca… Os misioneiros portugueses ensinan a técnica da fritura aos afastados samuráis, que elaboran as primeiras tempuras. Son os albores da globalización.

No século XIX, coa Revolución Industrial, xorde unha cociña «capitalista»: son os comezos da industria agroalimentaria. No século XXI, a revolución dos produtos ecolóxicos e de proximidade é unha resposta para os efectos negativos desa homoxeneización culinaria e gastronómica. A historia da humanidade vai ligada á evolución da cociña, e este apaixonante e divertido libro móstranola por primeira vez en viñetas.

LA INCREÍBLE HISTORIA DE LA COCINA de Biblioteca Vales Villamarín