Na Biblioteca de Leo e Mariña imos celebrar durante varias semanas o Día do Libro porque para nós é unha data moi especial. Sobretodo este ano, no que vos convertestes nos "Guardiáns dos Contos clásicos".
De feito, gustounos moito ver como participábades hoxe nas actividades que fixemos na biblioteca: puzzles con instrusos do Flautista de Hamelin, Legos e manualidades coa Casiña de chocolate , Colorear e montar puzzles do Mago de Oz, colorear a Carapuchiña Vermella ou ordear viñetas da Bela durminte.
Mañá, Día do Libro, engadiremos un desafío: Identificar, a través da melodía dunha canción que soará pola megafonía do cole, o libro ao que se refire, de entre todos os que hai no mural da entrada do centro. Cando creades que asociáchedes correctamente a canción co libro correspondente, deberedes ir á entrada da biblio e depositar, completamente cuberta, a tarxeta que atoparedes xunto á Caixa "Este libro sóame" . Moita sorte e preparade os vosos oídos !!! Este libro Sóame de Biblioteca Vales Villamarín