Unha chuviosa tarde de domingo, Pablo e Jane abúrrense en casa. Xa xogaron a todos os seus xogos, lido todos os seus libros e non queda ningún recuncho da veciñanza que non explorasen. Excepto un: a vella casa do outeiro co seu misterioso fulgor verde. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará ao máis terrorífico das viaxes: á Dimensión dos Monstros.
Para volver a casa e escapar da realidade alternativa onde están atrapados, Pablo e Jane deberán arranxar a Máquina de Aire Fantástico atopando as pezas escondidas en lugares tan aterradores como o Londres Letal, a Transilvania Terrorífica ou o Marrakech Macabro, e terán que lidar cos troles trituradores de Noruega, os cosacos cortacuellos de Moscova, as gorgonas de Atenas ou as flores malignas de Hawai.
PABLO & JANE de Biblioteca Vales Villamarín