O libro que hoxe vos traemos é unha historia auto conclusiva pero con toda a pinta de ser o primeiro dunha posible colección protagonizada por Vani, un revoltoso crío a quen vou a coñecer cando decide subir ata a cima da montaña máis alta que rodea o pequeno pobo no que vive.
Esta viaxe, a priori un plácido paseo pola montaña, vai estar chea de obstáculos e dificultades que Vani terá que superar para chegar ata o seu destino. Para isto vai contar co seu espírito atrevido (ás veces rozando a inconsciencia), o seu carácter irreverente e un pouquiño de sorte.
O resultado final é unha lectura de ritmo áxil, chea de frescura, humor e sorpresas, que vos deixará un sorriso, grazas á fina ironía coa cal narra Jorge Campos as aventuras de Vani a través dos cinco capítulos que compoñen este álbum. E, sobre todo, polo innegable atractivo do protagonista, un entrañable bribón tan vándalo que resulta imposible non emparentarlo con outros grandes pillos da historia do cómic como Shin Chan, Fiz ou Arale.
AS AVENTURAS DE VANI - MONTAÑA de Biblioteca Vales Villamarín