Leo e Mariña están encantados de anunciar o inicio do noso programa VENRES DE BIBLIO.
A partir de mañá 15 de novembro de 2024, a biblioteca do cole abrirá ás súas portas pola tarde para recibir a toda a comunidade educativa: alumnado, familiares, traballadores do centro...
Este espazo está pensado para fomentar o amor pola lectura e a aprendizaxe en familia. Queremos que sexa un punto de encontro onde poder gozar dos libros e compartir momentos inolvidables todos os venres pola tarde.
Agardámosvos mañá para comezar esta nova aventura xuntos.
RECORDADE:
- LUGAR DE ENCONTRO: biblioteca do edificio de primaria (hai que timbrar para poder entrar).
- HORARIO: Todos os venres de 16.00 a 18.00
- USUARIOS/AS: alumnado de infantil e primaria, familias e persoal que traballa no centro.
- QUE SE PODE FACER:
- Ler ou consultar meterial da biblioteca.
- Empréstitos.
- Traballos do cole.
- Xogar co material da biblioteca.
- IMPORTANTE: Os/As menores deberán estar SEMPRE acompañados dunha persoa adulta. Non pode quedar ningún menor só na biblioteca durante este servizo. O profesorado de garda non é responsable dos menores, está na biblioteca para facilitar o empréstito de libros e a súa devolución.