30/01/2024

Día da Ilustración



Cada 30 de xaneiro, coincidindo co aniversario de Castelao, celebramos o Día da Ilustración, unha data promovida pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades en colaboración coa Asociación de Profesionais da Ilustración. Este día é unha oportunidade única para reivindicar e poñer en valor o papel fundamental dos ilustradores e ilustradoras galegos na nosa cultura e na nosa historia.

Celebrar o Día da Ilustración ten unha relevancia especial para nós, xa que entendemos que as bibliotecas son espazos de encontro e de aprendizaxe onde o alumnado pode descubrir o valor das imaxes e da creatividade. Esta celebración permite visibilizar a obra dos ilustradores e das ilustradoras, destacando o seu traballo e a súa contribución ao patrimonio cultural galego.

A ilustración é unha forma de expresión artística que vai máis aló do mero acompañamento do texto escrito. As imaxes teñen a capacidade de comunicar ideas, emocionar e provocar reflexións. Celebrar este día no noso centro axuda a sensibilizar ao alumnado sobre a importancia da ilustración e a súa capacidade para contar historias e transmitir mensaxes de maneira visual.

Ademais, a celebración do Día da Ilustración permite explorar a historia da ilustración galega, destacando figuras clave como Chichi Campos, homenaxeado este ano, quen foi un pioneiro do humor gráfico en Galicia. A súa obra, como a de moitos outros ilustradores, reflicte a realidade social, política e cultural do seu tempo, e serve como testemuña gráfica da evolución da nosa sociedade.

Celebrar o Día da Ilustración é a forma que temos  de recoñecer e agradecer o traballo dos ilustradores e ilustradoras que, co seu talento, contribúen a enriquecer a nosa cultura e a nosa educación. É tamén unha oportunidade para inspirar ás novas xeracións, animándoas a explorar o mundo da ilustración e a descubrir o poder das imaxes.

Convidamos a toda a comunidade educativa a unirse a esta celebración, xa que xuntos podemos seguir promovendo a creatividade, a lectura e o coñecemento da nosa cultura.

29/01/2024

VENRES DE HISTORIAS

  O venres día 19 de xaneiro escoitamos dúas historias na hora do recreo. Unha delas foi Mulán contada por Rodrigo e Gabi de 5º B. A outra foi unha adaptación do conto As tres mellizas: Papá Noel que realizaron Adriana, Alba, Alicia, Aloia, Clara, Claudia, Jara, Lidia, Sofía e Zoe de 6ºD na que se mesturou historia con interpretación. A continuación dexámosvos unhas imaxes do divertido que foi.



Venres de historias de Claudia

Hoxe presentamos...O BICHERO

O Bichero é un traballo iniciado no 2009 que se compón  de 12 libros en banda deseñada, publicados polo ilustrador buenense Luis Davila, diseñador gráfico pola Escola de Artes e Oficios Pablo Picasso de A Coruña.

Considerado un dos mellores humoristas gráficos de Galicia e popularmente coñecido polo seu traballo diario, é responsable dun bo número de sorrisos a través das súas tiras de humor diarias no xornal Faro de Vigo.
BICHERO de Biblioteca Vales Villamarín

22/01/2024

SEMENTES POLA PAZ

 Dende a Biblioteca animámosvos a todos a sementar PAZ

Vinde visitarnos, escollede con agarimo un libro relacionado coa PAZ, CONVIVENCIA, AMIZADE, VALORES... e deixade que agrome e medre nos vosos CORAZÓNS.


libros de bibliotecavales

Hoxe presentamos...AS ABRAIANTES AVENTURAS DE MARIÑA

 Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz. Acompáñanos nesta alucinante viaxe.

MARIÑA de Biblioteca Vales Villamarín

18/01/2024

Venres de historias

Os venres seguen a ser o noso día preferido porque nos recreos temos moitas historias que contar. Nesta ocasión, alumnos de 5ºB dan a coñecer a historia de Mulán e un grupo de rapazas de 6ºD fan a súa propia versión de As tres mellizas: Papá Noel. 

venres de historias : contos de bibliotecavales

15/01/2024

Hoxe presentamos...OLIVIA

 Hoxe queremos que descubras a Olivia, a protagonista duha serie de cómics repleta de aventuras, misterio, acción, personaxes divertidos, un toque de maxia, ecoloxía e moito humor!

OLIVIA de Biblioteca Vales Villamarín

11/01/2024

VENRES DE HISTORIAS MUSICAIS

COMEZAMOS ANO E NON PODEMOS FACELO DE MELLOR FORMA, TOCANDO O PIANO NA BIBLIOTECA O PRIMEIRO VENRES DE VOLTA DAS VACACIÓNS. FARANNO, NESTA OCASIÓN, AS COMPAÑEIRAS DE 6º C, MARTA E CLAUDIA .

Copia de venres de historias de bibliotecavales

08/01/2024

Hoxe presentamos...MIÑOCA

 Aquí tedes unha serie de banda deseñada que vos fará rir a gargalladas. Non esquezades pasar pola biblioteca.

MIÑOCA de Biblioteca Vales Villamarín