24/10/2025

24 de outubro: Día das Bibliotecas

Cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas.

Este ano o lema é “Contra a desinformación: bibliotecas”, e lembra a importancia das bibliotecas como lugares onde podemos atopar información verdadeira e aprender a buscar fontes fiables.

As bibliotecas escolares son espazos cheos de vida, de historias e de aprendizaxes. Grazas a elas, aprendemos a ler, a investigar, a crear e a pensar por nós mesmos.


As bibliotecas son lugares abertos a toda a comunidade educativa, nos que todos e todas temos un papel importante.

🎨 E na nosa biblioteca… 

Este ano, na nosa biblioteca do CEIP Vales Villamarín, aproveitamos esta data tan especial para presentar o noso Proxecto Documental Integrado:

“ARTISTADAS”

Para dar comezo á aventura, o noso alumnado hoxe recibiu unha carta moi especial:

 




20/10/2025

👻🎃 O Samaín chega á nosa biblioteca! 🎃👻

 

🕸️Xa estamos preparados e preparadas para recibir o Samaín! 🕸️

Dende hoxe e ata o día 30 de outubro, podedes visitar a nosa exposición especial de libros de medo, misterios e pantasmas.

Entre as estanterías agochados hai contos cheos de bruxas, monstros, fantasmas e seres sorprendentes… pero tamén moitas risas e diversión! 😄🕷️

📖 Anímate a vir pola biblio, escolle un libro que che poña os pelos de punta (ou che faga rir coas súas trasnadas) e goza dun intre de lectura arrepiantemente divertida.


E lembra:

💡 No Samaín tamén se le... e dá moito medo non facelo!


  


    


  


    


  

 
  


  


  


  


 

Non te esquezas de pasar pola biblioteca… 

se te atreves! 😜

17/10/2025

TEMOS NOVIDADES RECÉN CHEGADAS Á BIBLIO!

 Os nosos estantes están a encherse de historias novas, aventuras por descubrir e libros que estamos seguras de que vos van encantar. Preme nas imaxes e descúbreas todas.


  
       



Agardámoste na biblioteca para seguir voando xuntas e xuntos coa lectura!

15/10/2025

A biblio no recreo: un lugar para soñar!

Hoxe a nosa biblioteca de primaria volveu abrir durante o recreo… e non vos imaxinades o ben que o pasamos! 🥰 Tivemos moitas visitas: algúns viñestes buscar un novo libro para levar para casa, outros preferistes ler un anaquiño nese recuncho tan acolledor, e tamén houbo quen se achegou simplemente a curiosear ou descansar un pouquiño entre páxinas cheas de aventuras.

Estamos moi contentos de ver a biblioteca tan chea de vida, risas e ilusión por ler 💕.

Lembrade que seguimos abrindo nos recreos, así que estades todos e todas convidados/as a vir:
📖 para escoitar historias,
🌟 para descubrir novos libros,
😌 ou simplemente para gozar dun lugar tranquilo e especial onde deixar voar a imaxinación.




13/10/2025

Escritoras galegas que nos fan soñar!

Na biblioteca de Leo e Mariña celebramos o Día das Escritoras.

E que mellor maneira de festexalo que lendo os libros máis novos que temos escritos por autoras galegas en galego? Historias cheas de emoción, humor, aventuras e moita maxia! 🪄

Aquí tedes algunhas das últimas incorporacións que xa podedes atopar nas nosas estanterías:

  


 


  


  • PapónsSandra Lodi (Lugo)
  • Wombo ComboPaula Carballeira (Maniños - Fene)
  • Sete dentes de leónLedicia Costas (Vigo)
  • Os vagalumes de MaríAlba Míguez (Gondomar)
  • O concurso dos mellores inventos (e outros incribles acontecementos)Berta Dávila (Santiago de Compostela))
  • Os Minimortos. Falso aniversarioLedicia Costas (Maniños - Fene)
  • AnalfabetaÉrica Esmorís (A Coruña)
  • Daniela e a horta do avóAntela Cid (Vigo) 
  • O rap do coello fedelloIrene Alonso Gasalla (Pontevedra)

Todas estas historias foron escritas por mulleres galegas valentes e imaxinativas, que enchen as súas páxinas de aventuras, emocións e personaxes que non esquecerás.

📖 Anímate a vir á biblioteca, escolle o teu libro favorito e deixa que estas escritoras che conten as súas historias!

Porque cando lemos a escritoras galegas…
💬 Lemos en galego, soñamos en galego e creamos en galego!