08/12/2025

🎬🎬"El día más corto" [ED+C]🎬🎬

Ola, amigas e amigos!

Hoxe Leo e Mariña veñen moi emocionados porque queren contarvos algo moi especial…

Sabíades que o 21 de decembro é o día máis curto do ano?
Pois ademais de comezar o inverno ❄️, ese día celébrase a 13ª edición de El Día Más Corto [ED+C], unha gran festa do cinema en formato curto 🎥

Leo descubriuno mentres ordenaba uns libros de cine na biblioteca:
—«Mariña, sabías que hai películas moi curtiñas que contan historias incríbles en poucos minutos?»

Mariña sorriu e respondeu:
—«Si! Chámanse curtametraxes, e son perfectas para soñar, rir, pensar e emocionarnos, aínda que duren moi pouco.»

Que é "El Día Más Corto" [ED+C]?
É un día no que persoas de todo o mundo ven e comparten curtametraxes en escolas, bibliotecas e centros culturais. Hai historias divertidas, emocionantes, sorprendentes… ¡e para todas as idades!

A Leo e Mariña gústalles esta celebración porque:

  • As historias son breves pero moi intensas.

  • Axúdannos a imaxinar e crear.

  • Permiten falar do que sentimos e pensamos.

  • Demostran que non fai falta moito tempo para contar algo importante.

Desde a nosa biblioteca, Leo e Mariña anímannos a descubrir o mundo das curtametraxes, a comentalas cos compañeiros e compañeiras… e incluso a inventar as nosas propias historias curtas!

Tedes máis información sobre este proxecto no seguinte enlace: El día más corto - [ED+C] 2025

Seguide atentos ao blogue, porque Leo e Mariña sempre teñen preparada algunha sorpresa cultural para compartir convosco 🌟

03/12/2025

HISTORIAS QUE ABRAZAN A DIVERSIDADE

Hoxe conmemoramos o Día Internacional das Persoas con Discapacidade, unha ocasión perfecta para aprender, reflexionar e cultivar a empatía. Dende a nosa biblioteca queremos acercar a toda a comunidade educativa a historias que mostran que todas as persoas, coas súas capacidades e diferenzas, poden aportar algo valioso ao mundo. 

A literatura é unha ventá marabillosa para comprender mellor a diversidade e fomentar o respecto hacia todas as persoas dende a infancia.

Cada conto é unha voz distinta e todas merecen ser escoitadas. Por iso, non só celebramos a diversidade e a discapacidade nun día concreto, senón que as temos presentes todo o ano. Os libros que falan de distintas formas de sentir, de aprender, de moverse, de comunicarse... axudan a comprender que non hai unha única forma de ser. Ler estas historias axudan ao alumnado a descubrir que as diferenzas non separan, senón que enriquecen as nosas vidas.

"CADA LIBRO É UNHA OPORTUNIDADE PARA RECORDAR QUE A INCLUSIÓN COMEZA CADA DÍA, EN CADA MIRADA E EN CADA PÁXINA".