Para conmemorar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade poñemos á disposición de todos os seguintes recursos .
27/11/2019
3 de Decembro
24/11/2019
VENRES DE HISTORIAS
Continúan os Venres de Historias.
Desta vez, tocou "Xaime e as landras" de Tim Bowley e Inés Vilpi , publicado pola editorial Kalandraka.
21/11/2019
LECTURAS COMPARTIDAS
Comezaron outro ano máis unha das actividades favoritas dos rapaces, as Lecturas Compartidas.
20/11/2019
25 NOVEMBRO
Está na biblioteca colacada unha mostra de libros que reivindican os dereitos e o papel das mulleres na sociedade.
Algúns podedes velos aquí
07/11/2019
RECUNCHO FEDELLEIRO
Esta semana comezou a funcionar nos recreos o "Recuncho Fedelleiro", creado a partires do orzamento chegado de "Bibliotecas Inclusivas" .
Está aberto, polo de agora, a alumnas e alumnos de 5º e 6º nos recreos pero a todos os cursos no resto de horario.
As nenas de 5º e 6º están, maioritariamente, a traballar en programación co mBblock e os robots Mboot. Son os maiores os que axudan e titorizan ós de 5º que só recibiron unhas sesións de formación, mentres que os de 6º xa o coñecen do curso pasado.
Alí atoparedes Legos para crear, xogos de lingua, de lóxica e matemáticas, varios microscopios, os Mboots, libros de natureza, ciencias e tecnoloxía. Para o préstamo dos libros hai que dirixirse a biblioteca e pasar polo ordenador.
A aula está en creación polo que iremos dotándoa de material e máis recursos segundo sexa a demanda tanto dos nenos coma dos mestres.
04/11/2019
O SAMAÍN NA BIBLIOTECA
Xa podedes disfrutar, na biblioteca, da exposición de libros para celebrar o Samaín que tanto vos gustan.
Animádevos a disfrutar da lectura na "Casiña do medo".
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)