24/10/2021

24 DE OUTUBRO : DÍA DAS BIBLIOTECAS

Baixo o lema “Bibliotecas: ler, aprender, descubrir” celebramos o papel das bibliotecas como espazos libres, diversos e abertos para o acceso á cultura e o coñecemento. Nós , dende a "Biblioteca Vales de Leo e Mariña" queremos render unha merecidísima homenaxe a unha mestra do colexio que fixo moito porque agora teñamos a nosa biblioteca e que pensemos nela como un espacio vivo de aprendizaxe e lecer. Grazas Carmen!
Copia de OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DA SRA. CARMEN BELLO de bibliotecavales

19/10/2021

EXPOSICIÓN SOBRE RICARDO CARVALHO CALERO EN BETANZOS

 

A Deputación da Coruña e o Concello de Betanzos organizan esta exposición ao aire libre para difundir a figura de Ricardo Carvalho Calero logo de que no pasado ano 2020 non se puidesen levar a cabo todas as actividades previstas para a celebración das Letras Galegas pola situación da pandemia.


A mostra, que consta de 13 paneis, percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero , desde o punto de vista vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol ata o peche co titulado "Mestre de Compromisos".


16/10/2021

BIBLOFEIRA. ESPECIAL PDI " A TERRA"

Animados a ler, indagar, investigar sobre A Terra ? Aquí tedes unha escolma de libros que vos axudarán a entender mellor como é a vida no noso planeta. De seguro que vos sorprenderán !
Biblofeira 16 outubro. PDI A Terra de bibliotecavales

12/10/2021

DÍA DAS ESCRITORAS

O Día das Escritoras reivindica o labor e o legado das escritoras a través da historia. Este ano,  celébrase o día 15 de outubro baixo o lema :

"Ler as idades da vida"


           
                                               
Dende a Biblio queremos aproveitar esta data para homenaxear a Emilia Pardo Bazán, posto que o pasado 12 de maio cumpríronse 100 anos da morte desta escritora galega , considerada por moitos como a mellor novelista española do século XIX.

Debaixo tedes o vídeo dun conto escrito por ela, "La moneda del mundo". Escoitádeo e animádevos a escribir.



Gustouvos o conto? De seguro que si. Se queredes ler máis textos de escritoras galegas, non tedes máis que premer non enlace de abaixo. 



E se queredes, tamén podedes ver neste video a unha das vosas escritoras favoritas! Aquí tedes a Ledicia Costas.



03/10/2021

CREATIVIDADE NA BIBLIOTECA

 

Xa tivemos visita á biblioteca e a clase de 5º E disfrutou facendo papiroflexia. Mirade que ben lles quedaron as súas creacións !!!




ABRIMOS A BIBLIOTECA DE LEO E MARIÑA

Que ganas tiñamos de poder abrir as portas da biblioteca de Leo e Mariña !!!  Ese momento xa chegou e os vosos profes poden reservar quenda para visitala. Veredes que está moi bonita  e que é moi agradable estar nela. 

Cando veñades, tedes que seguir o Protocolo COVID e só vos queda disfrutar da lectura, da escritura e da vosa creatividade. Se aínda non estades animados, escoitade aos vosos compañeiros e compañeiras de 5ºE.