27/01/2022
VENRES DE HISTORIAS. O LOBO CON BOTAS
26/01/2022
DÍA MUNDIAL DA EDUCACIÓN AMBIENTAL
Celebramos este día porque aló polo ano 1975 organizouse en Belgrado un Seminario no que participaron máis de 70 países . Nesta reunión propuxéronse como meta a de formar á población mundial para que se preocupase polo medio ambiente.
No noso cole contamos coa inestimable axuda de Mero, que nos ensina a coidar a horta, a reciclar, a facer compostaxe, a coidar do invernadoiro e das plantas ornamentais do patio e de dentro das clases. Mero, é, sen dúbida, un bo experto.
E como mostra, aquí temos ao alumnado de 5º E , que se animou a mandar ao correo da Biblio unha foto na que limpan o patio. Atoparon demasiados residuos, non credes? Temos que estar máis atentos e intentar que as nosas pistas estean sempre limpas. Entre todos e todas, sen dúbida, conseguirémolo !!!!
24/01/2022
REFORMAMOS A BIBLIOTECA E COMENTAMOS A SÚA HISTORIA.
Na Biblioteca Vales de Leo e Mariña houbo moitos cambios e por iso as coordinadoras da Biblioteca fan un percorrido polo traballo realizado dende os seus inicios. Seguro que moitos de vós recordades como era antes a biblioteca ...
20/01/2022
VENRES DE HISTORIAS. CADENA DE FAVORES INFINITA
Achégase o Día escolar da Non Violencia e a PAZ e, neste VENRES DE HISTORIAS, queremos compartir con vós a curtametraxe CADENA DE FAVORES INFINITA, dirixida por Lenny Casal e coa música de One Day.
Animádevos a iniciar ou continuar unha CADEA DE FAVORES para facer entre todos un mundo mellor. ESTÁ NAS VOSAS MANS!!!
17/01/2022
BIBLOFEIRA A PROL DUN MUNDO EN PAZ
QUE TAL UNHA VIAXE POLOS LIBROS QUE FALAN DE PAZ ? NA BIBLIOTECA TEDES UNHA CHEA DE LIBROS QUE NOS CONTAN HISTORIAS DE AMOR, DE AXUDA AOS DEMAIS, DE ENTREGA ÁS CAUSAS QUE SON XUSTAS POR RIBA DA SEGURIDADE PERSOAL...
E COMO NON, TAMÉN HAI OBRAS QUE NOS AMOSAN AS HISTORIAS TERRIBLES DA PERSOAS QUE TEÑEN QUE FUXIR DA GUERRA, QUE TEÑEN QUE ABANDONAR AOS SEUS NA BUSCA DUN MUNDO MELLOR.
PODES LEVALOS EN GALEGO, CASTELÁN OU INGLÉS E HAI LIBROS DE POESÍA, DE NARRATIVA E DE TEATRO QUE NOS FALAN DA PAZ. CAL E O VOSO PREFERIDO? VIDE A BUSCALO Á BIBLIOTECA !
13/01/2022
VENRES DE HISTORIAS. AXENTE RICIÑOS
Neste primeiro VENRES DE HISTORIAS do ano, unhas rapazas de 4º D achégannos unha representación fantástica de AXENTE RICIÑOS, libro escrito por HEMATOCRÍTICO e ilustrado por Alberto Vázquez.
Son Aloia, Zoe, Claudia, Sofía, Alba, Jara, Clara, Adriana e Obdulia
Grazas polo voso traballo!!!