29/02/2024
VENRES DE HISTORIAS: MÚSICA E CONTO
VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS
26/02/2024
Hoxe presentamos...LA INCREÍBLE HISTORIA DE LA COCINA
Hoxe traémosvos un apaixonante percorrido pola historia da arte culinaria.
En canto os humanos dominaron o lume, inventaron a cociña. Sabías que o home prehistórico inventou a cocción ao vapor e a conxelación, que os mesopotámicos crearon as sopas, o pan, a cervexa e os fornos, que a gastronomía e a arte da mesa foron símbolos do poder político?
Os grandes descubrimentos cambiaron o mundo, pero tamén a maneira para comer. De América chégannos o tomate, os pementos, a pataca… Os misioneiros portugueses ensinan a técnica da fritura aos afastados samuráis, que elaboran as primeiras tempuras. Son os albores da globalización.
No século XIX, coa Revolución Industrial, xorde unha cociña «capitalista»: son os comezos da industria agroalimentaria. No século XXI, a revolución dos produtos ecolóxicos e de proximidade é unha resposta para os efectos negativos desa homoxeneización culinaria e gastronómica. A historia da humanidade vai ligada á evolución da cociña, e este apaixonante e divertido libro móstranola por primeira vez en viñetas.
22/02/2024
19/02/2024
Hoxe presentamos...HARRY PÓRREZ Y EL AS EN LA MANGA DE CONDEMORT
Esta é a historia do pequeno Harry Pórrez, un mago novo con poderes extraordinarios que, tras a morte dos seus pais, é adoptado polos seus tíos, que viven na recóndita poboación de Garrapinillos. Ao cumprir 11 anos, Harry debe asistir ao colexio Howrats, centro onde aprenderá a desenvolver as súas habilidades como mago.
11/02/2024
Día internacional da Muller e a Nena na Ciencia
O 11 de febreiro celebramos o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e queremos convidarvos a que pasedes pola biblioteca e descubrades un dos fermosos libros que temos seleccionados para vós sobre esta temática. Agardamos que vos gusten.
05/02/2024
Hoxe presentamos...HISTORIAS DE MESTRE RAPOSO
Le Roman de Renart, Mestre Raposo, é unha das obras literarias máis antigas escritas en francés. Foi redactada en forma de poema durante os séculos XII e XIII para parodiar a épica e a novela cortesá da época.
Os sucesos que senarran transcorren nunha sociedade animal, antropomórfica, e o seu principal protagonista é Renart, o raposo. Bruno Heitz adapta o gran clásico francés ao cómic e ofrécenos en divertidas viñetas as trepidantes aventuras deste personaxe que se cuestiona a orde establecida.