20/06/2024

NA BIBLIO!

Despedimos este ano as actividades na biblio da man dun grupo de rapazas, que tamén nos dín ADEUS. Elas son ADRIANA, CLARA, SOFÍA, ALBA, ALOIA, ZOE, JARA, DELIA, ALICIA, OBDULIA, LIDIA, ALBA E CLAUDIA que interpretaron NA BIBLIO! de Cambia o Conto para un público miúdo e ben agradecido.

Artistas inquedas, que sempre andiveron a rebulir pola biblio do cole, e que agora marchan para o INSTITUTO

Grazas polo voso traballo e FELIZ ANDAINA!!





VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

 O día 31 de maio foi o último día de venres de historias. Neste día contamos con Nahiara, Sarah e Daniela (de 4º C e E) que nos relataron O secreto de Mozart. Deixámosvos a continuación as imaxes.

Presentación de Proyecto Historia y Literatura Vintage Beige de Claudia

INVESTIGACIÓN MARIÑA

 Ó longo do curso as nenas e nenos de 3ºA convertéronse en auténticos exploradores do mundo mariño sen sair do cole. 

Buscaron información, escolleron, analizaron , sintetizaron e elaboraron as súas propias conclusións.

Clicando na imaxe podedes ver o resultado.



17/06/2024

Hoxe presentamos...DRILA COCODRILA

DRILA COCODRILA é unha nova colección de libros en letra maiúscula para aprender a ler protagonizada por cinco peculiares animais que viven nun prado moi especial.

Drila vive xunto aos seus amigos Mapi, Miñoca e as Ovellas en Pradoverde, un lugar minúsculo onde teñen lugar aventuras MAIÚSCULAS.

DRILA COCODRILA de Biblioteca Vales Villamarín

14/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O primeiro venres de maio tivemos a actuación de Julia Fernández e María Boado (de 6º B e 6º A) interpretando Titanic. Tamén tivemos o conto de O meu primeiro Principiño lido por Valeria Miranda, Antía Pérez, Paula García e Alba Andrade (de 4º D e 2º C). A continuación aparecen as imaxes e os vídeos dese día.
Presentación proyecto musical ilustrativa instrumentos naranja y turquesa de Claudia

13/06/2024

VENRES DE HISTORIAS VIRTUAL

Hoxe temos unha sorpresa para vós !!!.
O alumnado de 1ºD quixo despedir o último Venres de Historias do curso facendo a súa propia adaptación dun conto de Javíer Martín Ferrero.
 A Profe Cris e os nenos e nenas da súa clase narran como se crearon os planetas, coa axuda de Dona Gravidade e como esta decidiu o nome de cada un deles. 
 Se premedes no astronauta do cartel, poderedes acceder ao conto e desfrutar, tamén, das bonitas ilustracións que fixeron.
Venres de Historias 15 de xuño de Biblioteca Vales Villamarín

12/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 19 de abril contamos coa actuación de Carmen, Aroa e Naiara (de 6º E) que interpretaron a banda sonora do filme Titanic. A maiores Gustavo de 4º C relatounos A arca de Noé . Na segunte presentación aparecen as imaxes dese día.
Blue Green and Yellow Illustrated Musical Notes Brand Guidelines Presentation de Claudia

11/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 12 de abril tivemos a actuación do profe Pablo que tocou a trompa. Tamén Noa Martínez, Lola Mosquera e Lucía Varela (de 3º B) relatáronnos Hai algo máis aburrido que ser unha princesa rosa? A continuación mostramos as imaxes dese día.
Presentación Escuela de Música Proyecto Musical Instrumentos Ilustrada Infantil Morado y Verde de Claudia

10/06/2024

Hoxe presentamos...MOLLY WIND: BIBLIOTECARIAS A CABALLO

Molly Wind ten nove anos, adora ler e vive cos seus tíos e a súa irmá Ann nunha granxa ao sur dos Apalaches. As cousas non son fáciles e o diñeiro escasea pola zona, pero, xusto cando máis o necesitan, unha oportunidade cae do ceo: a biblioteca local está a contratar a mozas para que leven a literatura á xente das montañas! 

Acompañada do seu fiel cabalo Carson, Molly e el vivirán incontables aventuras entre bosques, bandidos, libros e moitos enredos. E que menos! Seica podería esperarse algo máis dunha valente bibliotecaria dacabalo e os seus amigos?

MOLLY WIND de Biblioteca Vales Villamarín

06/06/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

Á volta das vacacións de Semana Santa tivemos a actuación musical de Claudia e Aloia 6º D. Tamén tivemos a escenificación do conto Las diez gallinas da man de Martina e Saínza de 2º B. Por último, Candela, Águeda, Olivia e Alicia de 3º D e E contáronnos Brunilda y Bruno..
Presentación Música de Claudia

03/06/2024

Hoxe presentamos...¿Y A TI QUÉ TE HA PASADO?

Hoxe presentámosvos a historia de Janne, pero tamén a da súa familia, a dos seus amigos e a de todos nós. Unha novela gráfica poderosa e valente que convida á reflexión sobre a amizade, a diversidade e os trastornos alimentarios.

Janne non é como o resto da súa familia. Iso é o que lle di a súa avoa. Os demais están delgados, e ela non. A avoa non é a única que opina sobre a aparencia de Janne. Os compañeiros do cole tamén o fan. Janne refúxiase na comida fronte a unha contorna a miúdo hostil. A súa familia quere axudala a perder peso, pero os problemas de Janne non desaparecen como os quilos. E a ti que che pasou? é un poderoso libro sobre a amizade e sobre a importancia do apoio familiar e do diálogo. Jenny Jordahl regálanos unha historia importante e inspiradora.

¿Y A TI QUÉ TE HA PASADO? de Biblioteca Vales Villamarín