29/04/2024

Hoxe presentamos...XINFU NA MALDICIÓN GUAUCHUKY

Xinfu e Wini levan unha vida tranquila na casa do seu dono, mais todo cambia cando Wini atopa un óso enterrado no seu xardín. O anaco de óso en cuestión semella ter algo moi especial que fará que os nosos protagonistas viaxen a outro mundo, embarcándose nunha aventura máxica e chea de acción.

XINFU de Biblioteca Vales Villamarín


27/04/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 26 de abril celebramos nos venres de historias e venres musicais a semana do libro e a semana da lingua inglesa. Para iso, Kamil de 5º E contounos A taste of the moon e o profe Xan relatounos The three billy goats. Tamén tivemos a actuación de Claudia de 6º B que nos interpretou un tema de Nirvana. Que ben o pasamos!
Presentación Música Sencillo Azul Turquesa de Claudia

26/04/2024

VENRES DE HISTORIAS EN INGLÉS

O pasado Día 23 celebrouse non só o Día do Libro, senón tamén o DÍA DA LINGUA INGLESA. Por iso, este Venres de historias a sesión de contacontos será en inglés. Ademais, a actuación musical estará adicada a Nirvana, un grupo estadounidense cun estilo que mesturaba o punk e o rock'n'roll. Pasarémolo en grande !!! 

VENRES DE HISTORIAS de Biblioteca Vales Villamarín

22/04/2024

FELIZ DÍA DO LIBRO !

Na Biblioteca de Leo e Mariña imos celebrar durante varias semanas o Día do Libro porque para nós é unha data moi especial. Sobretodo este ano, no que vos convertestes nos "Guardiáns dos Contos clásicos". 

De feito, gustounos moito ver como participábades hoxe nas actividades que fixemos na biblioteca: puzzles con instrusos do Flautista de Hamelin, Legos e manualidades coa Casiña de chocolate , Colorear e montar puzzles do Mago de Oz, colorear a Carapuchiña Vermella ou ordear viñetas da Bela durminte.

Mañá, Día do Libro, engadiremos un desafío: Identificar, a través da melodía dunha canción que soará pola megafonía do cole, o libro ao que se refire, de entre todos os que hai no mural da entrada do centro. Cando creades que asociáchedes correctamente a canción co libro correspondente, deberedes ir á entrada da biblio e depositar, completamente cuberta, a tarxeta que atoparedes xunto á Caixa "Este libro sóame" . Moita sorte e preparade os vosos oídos !!!

Este libro Sóame de Biblioteca Vales Villamarín

Hoxe presentamos...ULF DE JACOBSLAND: OS VIKINGOS EN GALICIA

 Finais do século XI. Un vello conde danés, antigo xefe viquingo agora convertido ao cristianismo, arriba ás costas de Faro Brigantium, a primeira etapa da súa peregrinación ata Santiago de Compostela, na terra onde se fixo famoso como guerreiro. É o final da súa vida e o final dun tempo; as novas crenzas mestúranse cos deuses ancestrais e as vellas lembranzas, coas novas. Foi no ano 844 cando os viquingos chegaron por primeira vez ata o antigo reino de Gallaecia, coñecido no norte como Jakobsland, nunha serie de incursións dirixidas por afamados guerreiros que rematarían a mediados do século XI coa derrota de Ulv Galiciefarer, o conquistador de Galicia e o derradeiro viquingo. Esta é a historia dos viquingos na Galicia da Alta Idade Media.

ULF DE JAKOBSLAND de Biblioteca Vales Villamarín

15/04/2024

Hoxe presentamos...PABLO & JANE EN LA DIMENSIÓN DE LOS MONSTRUOS

Unha chuviosa tarde de domingo, Pablo e Jane abúrrense en casa. Xa xogaron a todos os seus xogos, lido todos os seus libros e non queda ningún recuncho da veciñanza que non explorasen. Excepto un: a vella casa do outeiro co seu misterioso fulgor verde. Alí descubrirán unha extraordinaria máquina que os levará ao máis terrorífico das viaxes: á Dimensión dos Monstros.

Para volver a casa e escapar da realidade alternativa onde están atrapados, Pablo e Jane deberán arranxar a Máquina de Aire Fantástico atopando as pezas escondidas en lugares tan aterradores como o Londres Letal, a Transilvania Terrorífica ou o Marrakech Macabro, e terán que lidar cos troles trituradores de Noruega, os cosacos cortacuellos de Moscova, as gorgonas de Atenas ou as flores malignas de Hawai.

PABLO & JANE de Biblioteca Vales Villamarín

11/04/2024

Venres de historias

Seguimos, como cada venres, animando os recreos na Biblio con Música en directo e Sesión de contacontos. Neste caso, será o profe Pablo o que nos sorprenda tocando, coa trompa,  algún dos seus temas favoritos. A continuación, tres alumnas de 3º B, contarán un dos contos que máis vos gusta ler. 

Lembrade tamén que estamos encantadas de recibirvos, acompañados por algún adulto, todos os venres, de 16 a 18 horas. Podedes vir a facer traballos, ler, levar empréstitos ou xogar cos xogos do Recuncho Fedelleiro. Anima á túa familia!


Venres de Historias de bibliotecavales


09/04/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día 15 de marzo tivemos na biblio a actuación de Claudia Marínez (6ºC) interpretando Lovely. A maiores Andrea Porto de 5ºA narrounos El reto. A continuación mostrámosvos os mellores momentos dese día.
Blue Green and Yellow Collage Music Quiz Presentation de Claudia

08/04/2024

Hoxe presentamos...IMBATIBLE 1. lA JUSTICIA Y VERDURAS FRESCAS

 Non é un superheroe normal. Ten o poder de atravesar o tempo, o espazo ... e a páxina! Un poder que utilizará para frustrar plans tortuosos dos malos de todo o mundo! Pero, como llo fará o Imbatible? Será unha viaxe salvaxe, iso seguro...

IMBATIBLE de Biblioteca Vales Villamarín

03/04/2024

VENRES DE HISTORIAS + VENRES MUSICAIS

O día da muller, 8 de marzo, a profe Cris interpretounos Hymne des femmes. Tamén contamos con Alba e Roi de 5ºA que leron para os nenos e nenas Rapunzel con piollos e Elío, Noa y Martín (4ºB) que recitaron o poema Mestra. A continuación aparecen as imaxes desta celebración.


Colorful Musical Instruments and Tools Picture Description Presentation de Claudia