Aquí podedes ver as quendas asignadas a cada aula.
.png)
Aquí podedes ver as quendas asignadas a cada aula.
.png)
Esta semana iniciamos unha das actividades máis fermosas da biblioteca de Leo e Mariña: as Lecturas compartidas, un encontro entre o alumnado dos cursos maiores e os máis pequenos no que comparten tempo, emocións e historias. Trátase dunha actividade inter-nivelar que fomenta o gusto pola lectura, a convivencia e a expresión artística dentro do noso proxecto PDI “ARTISTADAS”.
Dende o equipo de biblioteca escolar trasladamos a seguinte proposta para esta primeira sesión:
📖 as parellas lectoras asinarán o seu contrato lector,
📚 elixirán e lerán o primeiro conto que compartirán este curso,
📖 rexistrarán o seu primeiro libro no seu contrato lector,
🎨 e decorarán un marcapáxinas artístico.
Dende a biblioteca lembramos que esta é só unha suxestión de proposta, e que cada docente pode adaptar a sesión libremente segundo o seu grupo, intereses e dinámica de aula.
Porque... 💫 cada lectura compartida é unha obra de arte.
Arquivos de interese:
O noso centro segue a colaborar co xornal Betanzos e a súa comarca, enviando cada mes as recomendacións lectoras elaboradas polo noso alumnado. Trátase dunha iniciativa que pretende fomentar o gusto pola lectura, dándolle voz aos nenos e nenas para que compartan os seus libros favoritos co resto da comunidade.
Neste mes de novembro, o xornal publicou tres das nosas recomendacións, nas que o alumnado nos fala con entusiasmo das súas lecturas preferidas.
Aquí vos deixamos as imaxes das publicacións para que poidades gozar delas e, quen sabe, quizais atopar a vosa próxima lectura inspiradora!
Arrinca o noso primeiro reto do PDI ARTISTADAS: chega o
No noso centro educativo xa nos puxemos mans á obra co primeiro gran reto do proxecto documental integrado deste curso, o PDI ARTISTADAS, que xirará arredor do mundo da arte.
Para comezar a nosa aventura creativa, Leo e Mariña propóñennos unha misión moi especial: dar vida a un calendario cheo de cor, imaxinación e arte. Así nace o noso CALENDARTE.
💫 En CALENDARTE, cada mes convértese nunha obra de arte e cada aula nun pequeno taller creativo onde o tempo se pinta de cor!
Ola, amiguiñas e amiguiños!
Somos Leo e Mariña e queremos contarvos un segredo…
Este mes a nosa biblioteca está chea de ciencia en galego e de cousas sorprendentes por descubrir.
Nós xa estivemos investigando polos andeis e atopamos libros que falan do espazo, dos animais, do corpo humano, dos inventos, da natureza e de experimentos moi curiosos. Algúns fan rir, outros fan pensar… e todos nos axudan a aprender algo novo.
Sabíades que a ciencia tamén se pode ler?
Cada libro agocha preguntas interesantes:
Por que brillan as estrelas?
Como funciona o noso corpo?
Que inventos cambiaron o mundo?
Que segredos esconde a natureza?
✨ Ler ciencia en galego axúdanos a aprender, a pensar e a facer preguntas.
✨ A biblioteca é o mellor laboratorio para investigar con calma.
✨ E a curiosidade… é o mellor motor para aprender!
Esperámosvos na biblioteca para investigar xuntos/as e descubrir moitas cousas novas!