Esta semana iniciamos unha das actividades máis fermosas da biblioteca de Leo e Mariña: as Lecturas compartidas, un encontro entre o alumnado dos cursos maiores e os máis pequenos no que comparten tempo, emocións e historias. Trátase dunha actividade inter-nivelar que fomenta o gusto pola lectura, a convivencia e a expresión artística dentro do noso proxecto PDI “ARTISTADAS”.
Dende o equipo de biblioteca escolar trasladamos a seguinte proposta para esta primeira sesión:
📖 as parellas lectoras asinarán o seu contrato lector,
📚 elixirán e lerán o primeiro conto que compartirán este curso,
📖 rexistrarán o seu primeiro libro no seu contrato lector,
🎨 e decorarán un marcapáxinas artístico.
Dende a biblioteca lembramos que esta é só unha suxestión de proposta, e que cada docente pode adaptar a sesión libremente segundo o seu grupo, intereses e dinámica de aula.
Porque... 💫 cada lectura compartida é unha obra de arte.
Arquivos de interese:
- Quendas de lecturas compartidas (semanal).
- Quendas de lecturas compartidas (anual).
- Contrato lector.
- PROPOSTA PARA A PRIMEIRA SESIÓN: Instrucións para o profesorado.
- Marcapáxinas.
