EXPREDIENTE ARTÍSTICO é unha guía creada polo equipo de biblioteca para acompañar ao alumando nas súas investigacións sobre os diferentes artistas.
A través dunha serie de misións, preguntas e retos, os nenos e nenas poderán recoller información, descubrir curiosidades, analizar obras e reflexionar sobre o aprendido mentres desenvolven as súas habilidades como investigadores e investigadoras da arte.
Este recurso permitirá traballar aspectos tan importantes como:
- A investigación sobre artistas.
- A busca e selección de información
- O pensamento crítico e a reflexión persoal.
- A preparación de futuros produtos de comunicación e difusión.
- A organización da información recollida.
Con esta publicación iniciamos unha colección de materiais que irá medrando ao longo do proxecto e que servirá para acompañar ao alumnado nas diferentes fases de investigación, creación e comunicación propias de ARTISTADAS.
Porque para crear tamén hai que investigar.
E para investigar... nada mellor que un bo expediente artístico.