07/04/2026

Lecturas para unha vida sa.

Hoxe é o Día Mundial da Saúde, unha data perfecta para lembrar que estar sans non é só non estar enfermos, senón sentirnos ben por dentro e por fóra. Comer ben, facer exercicio, descansar o suficiente e coidar as nosas emocións axúdanos a medrar sans e felices. 

Na biblioteca, temos varios exemplares para concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar a nosa saúde.



O doctor Guau é un can que actúa como médico dunha familia de malos hábitos, ensinando aos nenos e nenas consellos básicos de hixiene e coidado persoal, como lavar as mans, alimentarse ben... dun xeito divertido e con humor.


Berto é un neno que observa o que ocorre ao seu redor e comeza a tomar decisións máis saudables, como coidar o seu corpo, escoitar aos demais e adoptar bos hábitos. 



Pepiño Chispa vai descubrindo, coa axuda dos Bolechas,como comportarse mellor e como coidar aspectos importantes do seu día a día, como a saúde, a convivencia ou a educación. 


Non é unha historia como tal, senón unha guía con explicacións, exemplos e actividades sobre diferentes valores e hábitos, incluindo a hixiene e o coidado persoal.



Explica, dun xeito divertido e con moitos debuxos, como se lavaban as persoas en diferentes épocas da historia, que costumbres tiñan e como xurdiron inventos importantes como o retrete, o cepillo de dentes ou o xabón. Conciencia sobre a importancia de manter unha boa hixiene, pois é clave para ter unha boa saúde, para vivir mellor e para vivir máis tempo. Ademais, conta curiosidades sorprendentes!

08/03/2026

8M: supermulleres de conto.

Cada 8 de marzo se conmemora o Día Internacional da Muller, unha data para lembrar a loita das mulleres pola igualdade de dereitos, pola xustiza e por unha sociedade máis equitativa. 

Hoxe é un día para recoñecer o papel fundamental das mulleres na historia, na ciencia, na cultura e no día a día. 

Dende a biblioteca escolar convidámosvos a descubrir historias inspiradoras de mulleres valentes que cambiaron o mundo.

En galego:






En castelán:








23/02/2026

Rosalía de Castro: a voz que deu alma á lingua galega.

Rosalía de Castro é unha das figuras máis importantes da literatura galega e un símbolo esencial da nosa identidade cultural. Coa súa obra, abriu camiños nun tempo no que escribir en galego era un acto de valentía e compromiso. A través dos seus versos, Rosalía deu voz á morriña, á emigración, á inxustiza social e, sobre todo, ao sentir profundo dun pobo que loitaba por non desaparecer. Ler a Rosalía é achegarse á esencia de Galicia, ás súas paisaxes, ás súas dores e ás súas esperanzas, que seguen vivas aínda hoxe.

A poesía é, sen dúbida, o xénero máis coñecido de Rosalía. Algunhas das obras máis coñecidas son:


Outros exemplares cos que contamos na biblioteca son:

"Rosalía de Castro para nenos", que inclúe unha breve biografía con ilustracións e datos clave sobre a súa vida.


"Uxía, Rosalía pequeniña", que conta a historia ficticia baseada na figura de Rosalía de Castro, mesturando realidade e imaxinación.

                                             

E moitos outros libros que permiten aos lectores e ás lectoras aproximarse un pouquiño máis á vida de Rosalía de Castro:











19/02/2026

VENRES DE HISTORIAS CON PANDERETEIRAS E BOAS SENSACIÓNS

Celebramos o Entroido pequeno disfrazados ao noso gusto, con boa música a cargo das Pandereteiras do Vales e con dúas historias cargadas de emocións e bos sentimentos. Disfrutémolo !!!

Venres de historias 20 de febreiro de Biblioteca Vales

30/01/2026

O Día da Paz tamén se le.

Hoxe, 30 de xaneiro, conmemoramos o Día da Non Violencia e da Paz, unha data especial para reflexionar sobre valores como o respecto, a igualdade e a convivencia. Dende a biblioteca, propoñemos unha selección de libros que axudan a educar en paz, a comprender as diferenzas e a construír un mundo máis xusto.

Aquí deixamos algúns libros para concienciar e reflexionar sobre a importancia da paz no noso día a día:
























29/01/2026

VENRES DE HISTORIAS: CELEBRANDO O DÍA DA PAZ

ESTE VENRES 30 DE XANEIRO CELEBRAREMOS O DÍA INTERNACIONAL DA PAZ ESCOITANDO O SON DAS FRAUTAS DOCES E DÚAS HISTORIAS;  NUNHA DELAS VEREMOS COMO SE RESOLVE UN CONFLITO E NA OUTRA NOS DEIXAREMOS LEVAR POLA POESÍA. MIRADE QUE CARTEL !!!

Venres de historias 30 de xaneiro de Biblioteca Vales

21/01/2026

VENRES DE HISTORIAS E DE FAMILIAS

Este venres seguiremos divertíndonos nos recreos da biblio, escoitando dous contos moi entretidos e disfrutando coa interpretación ao piano dunha canción de Disney moi coñecida. Queredes saber cal é o cartel? pois aquí o tendes. 

Venres de Historias de bibliotecavales

 E lembrade que pola tarde podedes vir, acompañados dun adulto, a ler, investigar, xogar ou facer un traballo en equipo para o que non atopades tempo ou espazo onde facelo. A biblio estará aberta todos os venres, dende as catro ata as seis da tarde. Aproveitade!

08/01/2026

VENRES DE HISTORIAS

COMEZAMOS ESTE 2026 CON MOITA ILUSIÓN PORQUE ESTAMOS CERTOS DE QUE IMOS  ENCHER OS RECREOS DOS VENRES  DE FANTÁSTICAS HISTORIAS E DE BOÍSIMA MÚSICA EN DIRECTO,  DA MAN DOS MELLORES CONTACONTOS E ARTISTAS DO COLEXIO ! 


Biblioteca de Leo e Mariña