Hoxe é o Día Mundial da Saúde, unha data perfecta para lembrar que estar sans non é só non estar enfermos, senón sentirnos ben por dentro e por fóra. Comer ben, facer exercicio, descansar o suficiente e coidar as nosas emocións axúdanos a medrar sans e felices.
Na biblioteca, temos varios exemplares para concienciar ao alumnado sobre a importancia de coidar a nosa saúde.
O doctor Guau é un can que actúa como médico dunha familia de malos hábitos, ensinando aos nenos e nenas consellos básicos de hixiene e coidado persoal, como lavar as mans, alimentarse ben... dun xeito divertido e con humor.
Berto é un neno que observa o que ocorre ao seu redor e comeza a tomar decisións máis saudables, como coidar o seu corpo, escoitar aos demais e adoptar bos hábitos.
Pepiño Chispa vai descubrindo, coa axuda dos Bolechas,como comportarse mellor e como coidar aspectos importantes do seu día a día, como a saúde, a convivencia ou a educación.
Non é unha historia como tal, senón unha guía con explicacións, exemplos e actividades sobre diferentes valores e hábitos, incluindo a hixiene e o coidado persoal.
Explica, dun xeito divertido e con moitos debuxos, como se lavaban as persoas en diferentes épocas da historia, que costumbres tiñan e como xurdiron inventos importantes como o retrete, o cepillo de dentes ou o xabón. Conciencia sobre a importancia de manter unha boa hixiene, pois é clave para ter unha boa saúde, para vivir mellor e para vivir máis tempo. Ademais, conta curiosidades sorprendentes!