Este VENRES DE HISTORIAS, SARA, INÉS E JULIA comparten con todos nós a ben coñecida historia A QUE SABE A LUA? de Michael Grejniec.
24/02/2022
20/02/2022
O DÍA DE ROSALÍA PASA A CELEBRARSE O 23 DE FEBREIRO
A Fundación Rosalía de Castro convocou a diversas entidades culturais e educativas relacionadas co Día de Rosalía para acordaren que as celebracións deste aniversario pasen a ter lugar desde este 2022 o día 23 de febreiro e non o 24 como acontecía ata agora, logo do recente descubrimento por parte da investigadora Sagrario Abelleira que corrixiu a data de nacemento da autora.
Vídeo. Rosalía de Castro. "Algúns din: ¡miña terra!". Follas novas. Marina Mayoral. Biblioteca de autora Rosalía de Castro. Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes.
https://my.mpskin.com/gl/tour/h9dhd67ww9
Se vos apetece xogar , acceder á biografía de Rosalía e facer algunha actividade relacionada con ela, non tendes máis que visitar o Blogue Non te cortes coa lingua , no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalesvillamarin/aulavirtual/course/view.php?id=341§ion=12
17/02/2022
VENRES DE HISTORIAS. MARUXA
Hoxe compartimos a adaptación do libro MARUXA de OQO edicións, feito polas rapazas e rapaces do CEE DE MIÑO, en Ourense. Un magnífico traballo!!
15/02/2022
BIBLOFEIRA NA NOSA LINGUA MATERNA
O PRÓXIMO 21 DE FEBREIRO CELEBRAMOS O DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA. É IMPORTANTE GOZAR DA NOSA DIVERSIDADE CULTURAL E LINGÜÍSTICA E COIDALA MOITO PORQUE AS LINGUAS ATÓPANSE CADA VEZ MÁIS AMEAZADAS.
SABEDES QUE SEGUNDO A UNESCO, CADA DÚAS SEMANAS , COMO PROMEDIO, UNHA LINGUA DESAPARECE, LEVÁNDOSE COA SÚA DESAPARICIÓN TODO UN PATRIMONIO CULTURAL E INTELECTUAL? UNHA MÁGOA, NON SI ?
PERO NÓS NON ESTAMOS DISPOSTOS A DEIXARNOS LEVAR E FIXEMOS UNHA PEQUENA EXPOSICIÓN DE LIBROS EN GALEGO . QUERÉDELOS LER? AQUÍ TENDES UNHA MOSTRA, MÁIS CANDO VEÑADES VEREDES QUE TEMOS MOITÍSIMOS LIBROS PARA DISFRUTAR DA NOSA LINGUA.
14/02/2022
13 DE FEBREIRO, DÍA INTERNACIONAL DA RADIO.
Na biblioteca do Vales estamos de sorte porque, como sabedes, este ano entramos a formar parte do programa da Consellería que promociona a Radio nas Bibliotecas Escolares.
Como nesta materia somos ben novos, hoxe, 14 de febreiro, celebramos o Día Internacional da radio facendo un curso que nos axudou a formarnos para mellorar as nosas competencias en comunicación lingüística e medios de comunicación.
Pasarémolo xenial e, como non, quedaremos namorados da radio!!!
11/02/2022
CONVOCATORIA DO CONCURSO DE CARTEIS DO 8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER
A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.
Categorías:
- Alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria
- Alumnado de 5º e 6º de primaria, de 1º e 2º da ESO e de educación especial.
- Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.
Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación.
Prazo: ata o martes 22 de febreiro de 2022. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal
DÍA DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA
Sabedes que existen estereotipos que fan que os nenos e as nenas, cando crecen , elixan estudos diferentes segundo o seu xénero ?
Na Universidad do País Vasco (UPV/EHU) fixeron un estudo e chegaron á conclusión que isto acontece , en parte, porque xa dende aproximadamente os seis anos, empezan a aparecer unha serie de pensamentos nas nenas e nenos . Queres saber cales?
No video explícannolo moi ben!!!
10/02/2022
VENRES DE HISTORIAS. CON TANGO SON TRES
Hoxe as nenas de 4ºB, Mara, Rocío, Sofía e Daniela, achégannos CON TANGO SON TRES, escrito por Justin Richardson e Peter Parnell, que conta coas ilustracións de Henry Cole.
Unha fermosa adaptación da historia real sucedida no zoo de Nova York.
Este libro podédelo atopar na biblioteca.
Moitas grazas ás compañeiras de 4ºB polo seu fantástico traballo!!!
08/02/2022
DÍA INTERNACIONAL DE INTERNET SEGURA
Hoxe, 8 de febreiro, celébrase en todo o mundo o Día Internacional de Internet Segura, baixo o lema “Xuntos por unha Internet mellor”.
Espectáculo “Ciencia que alimenta” coa Compañía Roto e Descosida no MUNCYT Coruña
Se vos interesa , tede en conta estes datos:
Sábado 12 de febreiro ás 12:30 horas. Duración aproximada 45 min.
Público familiar (menores de 6 a 12 años acompañados dun adulto) con reserva previa a través do correo electrónico: reservascor@muncyt.es e no teléfono 689 578 727. Datos de contacto: nome dos participantes e responsables, email e número de teléfono.
04/02/2022
XIII ENCONTRO DE TEATRO AFECCIONADO
A Agrupación Teatral Mariñán e o Concello de Betanzos comprácense en presentar a 13ª edición do Encontro de Teatro Afeccionado de Betanzos 2022.
As representacións serán de acceso gratuíto igual que en edicións anteriores e terán lugar na Aula de Cultura Xulio Cuns todos os sábados de febreiro ás 20:00h.
Para unha información detallada de cada unha das representacións pódese consultar:
www.agrupacionteatralmarinan.blogspot.com
NOVAS E DIVERTIDAS ACTIVIDADES NO MUNCYT
Deixámosvos un enlace para que poidades saber que propostas nos ofrece o MUNCYT de A Coruña para este mes de febreiro. De seguro que xa estades pensando en apuntarvos a algunha. Animádevos !!!
03/02/2022
VENRES DE HISTORIAS. MIGRANTES
Hoxe compartimos unha curtametraxe especialmente dura e actual, non vos deixedes levar pola primeira impresión duns osiños brandiños e fermosos.
Esta curtametraxe, MIGRANTS, foi dirixida por Hugo Caby, Antoine Dupriez, Aubin Kubaik, Lucas Lermytte e Zoé Devise no ano 2020 e conta coa música de Yann Menou.