A Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional e a Secretaría Xeral da Igualdade convocan conxuntamente o concurso para o deseño do cartel do día 8 de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.
O contido do cartel deberá transmitir unha mensaxe positiva sobre a participación activa das mulleres na sociedade e promover a loita contra as desigualdades de xénero.
Categorías:
- Alumnado de infantil e 1º a 4º de primaria
- Alumnado de 5º e 6º de primaria, de 1º e 2º da ESO e de educación especial.
- Alumnado de 3º e 4º da ESO, de 1º e 2º de bacharelato, de FP Básica e de ciclos de grao medio e superior de formación profesional.
Presentación das solicitudes: cada centro poderá presentar un traballo por categoría de participación.
Prazo: ata o martes 22 de febreiro de 2022. Co fin de axilizar a recepción dos traballos, os centros deberán adiantar a proposta do traballo á Secretaría Xeral da Igualdade mediante o envío (cartel en formato PDF ou JPG e a información identificativa do anexo I (datos do alumnado e do Centro educativo) ao seguinte enderezo electrónico: concurso8m.igualdade@xunta.gal