28/10/2024
24/10/2024
SEMANA DA ALFABETIZACIÓN MEDIÁTICA E INFORMACIONAL
Do 24 ao 31 de outubro, celebramos a Semana Mundial da Alfabetización Mediática e Informacional (AMI), impulsada pola UNESCO. Este ano, o lema é: "As novas fronteiras dixitais da información: Alfabetización mediática e informacional para a información de interese público".
Nun mundo cada vez máis dixital, é fundamental aprender a recoñecer información fiable e a identificar noticias falsas. Desde a nosa biblioteca escolar, queremos axudar a desenvolver estas habilidades tan necesarias para o futuro.
As bibliotecas escolares comprométense a ofrecer recursos e apoio para que todos, especialmente as nenas e nenos, teñan acceso á información de calidade, á cultura e ao coñecemento, sen deixar a ninguén atrás.
📢 Xuntos, aprenderemos a navegar no mundo dixital de forma segura e responsable.
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Desde 1997, cada 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas para lembrar a importancia destes espazos na nosa sociedade. Este ano, o lema é "Por un futuro sostible". Queremos destacar o papel das bibliotecas (públicas, escolares, universitarias e moitas máis) na construción dun mundo mellor.
As bibliotecas non son só lugares onde atopamos libros. Tamén son espazos que promoven a igualdade, a xustiza e o coidado do medio ambiente, axudándonos a aprender e a reflexionar sobre temas importantes para o noso futuro.
As bibliotecas escolares, coma a nosa, ofrecen recursos e apoio para que todas as nenas e nenos poidan crecer como cidadáns críticos e activos. Este 24 de outubro, celebramos a nosa biblioteca escolar como o primeiro contacto que moitos temos coas bibliotecas e co pracer de aprender, explorar e descubrir.
🎉 Vinde celebrar o Día das Bibliotecas con nós e descubramos todo o que nos ofrecen!
14/10/2024
ELAS ESCRIBEN...TEATRO
O 14 de outubro, celebramos o Día das Escritoras, unha xornada dedicada a recoñecer e reivindicar o legado de tantas mulleres que ao longo da historia deron voz ao seu pensamento, á súa cultura e ás súas experiencias, especialmente desde os espazos periféricos e o mundo rural. Esta iniciativa, impulsada pola Biblioteca Nacional de España, FEDEPE e a Asociación Clásicas e Modernas, con apoio de ACE e CEDRO, chega á súa IX Edición baixo o lema "A periferia da periferia: Mulleres que miraron ao mundo rural", unha chamada a mirar e valorar as escritoras que documentaron e conservaron a vida, os sentimentos e a cultura do campo.
Para render homenaxe a escritoras como Rosalía de Castro, Concha Espina, Dolores Medio, Mariluz Escribano, Margarita Nelken, Gabriela Mistral, María Zambrano ou Santa Teresa de Jesús, e a tantas outras figuras anónimas que nunca tiveron a oportunidade de ver recoñecido o seu traballo, desde a nosa biblioteca escolar preparamos unha selección especial de obras de teatro escritas por mulleres que están dispoñibles para todas e todos vós.
Animamos a toda a comunidade educativa a leer tearto escrito por mulleres nesta celebración e a descubrir ou redescubrir as historias que moitas mulleres deixaron como legado.
Celebremos xuntos o talento feminino e fagamos que a voz das escritoras resoe, desde a periferia ata o corazón das nosas escolas.
11/10/2024
ESTACIÓNS CIENTÍFICAS
Nivel Educativo | Estacións científica |
---|---|
4º Infantil | O corpo humano. |
5º Infantil | O corpo humano. / Cando a ciencia se converte en arte. |
6º Infantil | Un mundo cheo de luz e de cores. |
1º Primaria | Oceanografía. / Alimentación. |
2º Primaria | Bioloxía e química relacionada coa alimentación. / Meteoroloxía e clima |
3º Primaria | Psicoloxía. |
4º Primaria | Historia. |
5º Primaria | Inventos. / Intelixencia, tecnoloxía e robótica. |
6º Primaria | Física e química |
Estas estacións de científicas ofrecerán unha experiencia integral, inspirando a cada estudante a comprender a ciencia dende múltiples ángulos, reforzando así o seu interese polo coñecemento e a exploración. ¡Estamos emocionados de ver onde nos levará este ano cheo de ciencia!
07/10/2024
01/10/2024
UN MUNDO CHEO DE CIENCIA
🔬🌍 Presentamos o Proxecto Documental Integrado: "Un mundo cheo de ciencia" 🌍🔬
Este curso embarcámonos nun apaixonante Proxecto Documental Integrado (PDI) titulado "Un mundo cheo de ciencia". Durante o ano, exploraremos o fascinante mundo da ciencia, descubrindo como funciona todo o que nos rodea, dende os misterios do universo ata os avances máis sorprendentes na tecnoloxía, a saúde, o medio ambiente e moito máis.A través de investigacións, actividades prácticas e experimentos, aprenderemos xuntos como a ciencia nos axuda a comprender e coidar o noso planeta e a mellorar as nosas vidas. Este proxecto está pensado para todas e todos, con actividades adaptadas para cada nivel e unha boa dose de curiosidade e creatividade.
Convidamos a toda a comunidade educativa a participar activamente, compartindo ideas, descubrimentos e reflexións. Preparamos a nosa biblioteca escolar para que sexa un espazo de investigación e descubrimento científico, con recursos e materiais que nos axudarán nesta aventura.
🔍 Este curso, preparemos as mentes e afiemos a curiosidade. Xuntos, imos descubrir o noso "mundo cheo de ciencia"!