O pasado día 24 de maio foi un día especial para o noso colexio: recibimos a visita do escritor Xosé Neira Vilas. O autor de Memorias dun neno labrego e Espantallo amigo explicounos a súa vinculación con Betanzos, onde xa estivo varias veces. Contestou a todas as nosas preguntas de maneira que puidemos coñecer cal foi o proceso creador das dúas obras e ademais as súas opinións sobre temas que teñen que ver con rapaces e rapazas.
Como agasallo pola súa amabilidade mostrámoslle parte do fruto do noso traballo en forma de obras de teatro e recitado de poemas da súa muller, Anisia Miranda.
Reproducimos nestes vídeos o que foi a xornada, non quixemos recortar nada.
Ao longo do curso foron moitas as actividades que se desenvolveron arredor da súa obra.
31/05/2013
27/05/2013
A biblioteca nas II Xornadas de atención á diversidade
Nas recentes Xornadas de formación e sensibilización sobre a atención á diversidade que se celebraron en Betanzos, organizadas polo CFR de A Coruña, a Consellería de educación, as ANPA Brigantium e O Carregal e o CEIP Vales Villamarín, estivo presente a nosa biblioteca cunha mostra dos libros que ao longo do curso empregamos para traballar sobre a diversidade.
25/05/2013
Visita de Ricardo Gómez
O escritor Ricardo Gómez Gil, autor, entre outras obras de Ojo de Nube, visitou a nosa biblioteca.
O encontro co autor forma parte das actividades realizadas dentro do proxecto Escribir como lectores do Club Telémaco, patrocinado pola Fundación SM e coordinado e realizado pola Asociación Española de Lectura y Escritura (AELE).
O encontro co autor forma parte das actividades realizadas dentro do proxecto Escribir como lectores do Club Telémaco, patrocinado pola Fundación SM e coordinado e realizado pola Asociación Española de Lectura y Escritura (AELE).
22/05/2013
Festas do mundo. 2
20/05/2013
Festas do mundo. 1
Presentamos os traballos de investigación realizados para coñecer como se celebran as festas (especialmente Nadal e Entroido) en diferentes lugares do mundo.
![]() |
Gran Bretaña |
![]() |
Suecia |
![]() |
Irlanda |
![]() |
Portugal |
![]() |
Romanía |
![]() |
Suiza |
19/05/2013
Procedemos...
No noso colexio somos do máis diverso...
Somos diferentes en canto ás capacidades, ás preferencias e gustos, ao aspecto... e tamén procedemos de moi diversos lugares, védeos aquí:
Pero, recordade: IGUAIS COMA PERSOAS.
Somos diferentes en canto ás capacidades, ás preferencias e gustos, ao aspecto... e tamén procedemos de moi diversos lugares, védeos aquí:
Pero, recordade: IGUAIS COMA PERSOAS.
08/05/2013
Tucho Calvo visítanos na biblioteca
Tucho Calvo, editor, periodista e escritor, visitounos para contarnos doutro xeito o libro Paxaro de mar e vento. Reuniuse co alumnado de 2º de E.P.
02/05/2013
Encontro con Xabier López
No curso 2011-2012 o escritor Xabier López López visitou a nosa bilioteca para falarnos da súa obra e do seu traballo. Naquel momento leunos, en primicia, un conto que acababa de escribir e ía entregar á editorial para que llo publicaran; agora, en marzo de 2013, o libro víu a luz e puidemos comprobar como se transformaron nun fermoso libro os folios que el nos mostrou.
Xabier acudíu de novo á biblioteca para contarnos como fora o proceso e falarnos do que está a facer.
Xabier López López é autor, entre outras obras, dos contos A vella quenlla perdeu os dentes e Son un can!
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)