Un ano máis conmemoramos o Día do Libro e facémolo como máis nos agrada: lendo e escoitando historias. Unhas cóntanas os compañeiros maiores, outras contacontos profesionais e outras os propios autores. Imos enlazar a conmemoración deste día coa do Día da Letras Galegas, con este programa:
Nenas e nenos colaboradores da biblioteca lerán contos ao alumnado de 5º e 6º de infantil na súa nova "biblio".
O alumnado de 1º de primaria gozará dos contos que conte Raquel Queizás.
Acaban de incorporarse os novos colaboradores da biblioteca. Trátase de 65 nenos e nenas de 5º. Primeiro foi a formación: coñeceron as normas que deben observar e as tarefas que teñen que realizar. Agora xa están colaborando nos recreos, xunto cos compañeiros de 6º.
Dende o ano 1967, o 2 de abril, data do nacemento do escritor Hans Christian Andersen, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil co obxectivo de promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. Cada ano, unha sección nacional do IBBY, selecciona a un escritor representativo e a un recoñecido ilustrador do seu país para que elaboren a mensaxe dirixida a todos os nenos do mundo e o cartel que se distribúe por todo o mundo. Este ano, o país elixido é Emiratos Árabes Unidos. O deseño do cartel é da ilustradora Nasim Abaeian, e o texto, de Marwa Obaid Rashid Ao Aqroubi, destacada figura da literatura infantil no seu país.