Para rematar as Lecturas Compartidas, as nenas e nenos de 1ºB agasallaron aos seus compañeiros de 5º C coa lectura dramatizada do conto "¿Hay algo más aburrido que ser una princesa rosa?" de Raquel Díaz Reguera.
22/06/2018
RETO DE ROBÓTICA
As nenas e nenos de 1º tiveron que superar un reto coa axuda dun Mboot para conseguir que Leo acadase descifrar unha frase medieval.
20/06/2018
LECTURAS COMPARTIDAS
Seguen sucedéndose as actividades para pechar as Lecturas Compartidas. Nesta ocasión foron as alumnas e alumnos de 6ºB que despedíronse dos seus compañeiros de lectura de 2º B durante estes dous cursos .
Dramatizaron o conto " A min non me comas " de Margarita Mazo da editorial OQO.
13/06/2018
RECOMENDACIÓNS DE VERÁN
Algúns libros para ler e pasar un bo momento.
Non esquezades ter sempre un libro á man no verán!!
Non esquezades ter sempre un libro á man no verán!!
Publish at Calameo
Para as nais, pais, avós e avoas, tías e tíos, padriños e madriñas, amigas e amigos.... nos seguintes enlaces podedes atopar máis libros interesantes que sempre poden ser un bo agasallo.
12/06/2018
FINALIZAN AS LECTURAS COMPARTIDAS
Rematou a actividade de Lecturas Compartidas dunha forma moi creativa e participativa por parte dalgúns cursos que fixeron actividades novas coma crear un Kamishibai, crear un conto e representalo con títeres, inventar unha historia por parellas, narrar a historia do Rei Arturo os peques de 1º... e algunhas máis que virán.
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)