No Vales sabemos que todos somos diferentes, temos distintos gustos, capacidades, costumes, ... Estas diferencias son as que enriquecen a nosa sociedade e nos fan progresar. Tamén sabemos que somos iguais, porque todos e todas somos persoas e todos/as temos os mesmos dereitos. Estes últimos días estivemos lendo, pensando e reflexionando sobre homes e mulleres, nenas e nenos. Estas son algunhas das conclusións ás que chegamos:
Ao noso colexio acaban de concederlle o "Premio Nacional a la Inclusión del Alumnado con Necesidades Educativas Especiales" co proxecto de Atención á diversidade a través da sensibilización e a formación permanente. Sentímonos moi contentos por esta distinción porque é unha demostración de que Xuntos podemos como sinalaba o lema do Proxecto Documental Integrado que viñemos desenvolvendo nos dous últimos cursos. Neste enlace podedes ver o proxecto completo.
No colexio temos un novo recuncho para a lectura. Está situado na entrada e pensado para que os adultos aproveiten calquera momento de espera para poder ler, porque, como di o lema das nosas mascotas: Ler é xogar, ler é disfrutar.
Ademais non debemos esquecer que os nosos nenos e nenas aprenden vendo o que nós facemos: Se ti les, eles len. Animádevos a probalo, é cómodo e agradable.