Ao noso colexio acaban de concederlle o "Premio Nacional a la Inclusión del Alumnado con Necesidades Educativas Especiales" co proxecto de Atención á diversidade a través da sensibilización e a formación permanente.
Sentímonos moi contentos por esta distinción porque é unha demostración de que Xuntos podemos como sinalaba o lema do Proxecto Documental Integrado que viñemos desenvolvendo nos dous últimos cursos.
Neste enlace podedes ver o proxecto completo.