29/12/2020
20/12/2020
NOVIDADES. NADAL
Aproveitando que imos gozar dunhas semanas especiais para descansar, queremos recomendarvos algún libro para acompañarvos neste tempo e sempre.
Todos os libros, que vos amosamos e recomendamos, foron chegando á nosa biblioteca ó longo deste trimestre (algúns á de Infantil e outros á de Primaria). Agárdavos na biblioteca!!!
18/12/2020
VENRES DE HISTORIAS. UNA CARTA MÁS CORTA
Este último venres de escola, invitámosvos a reflexionar da man de UNA CARTA MÁS CORTA.
15/12/2020
BIBLIOFEIRA. 16 DE NADAL
Esta última BIBLIOFEIRA ten o NADAL como tema.
Agardamos que vos gusten.
10/12/2020
VENRES DE HISTORIAS. CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS
Hoxe, da man das rapazas e rapaces de 6ºE, achegámonos a unha versión de Carapuchiña Vermella, recollida en CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS de Roald Dahl.
Moitas grazas pola vosa xenial interpretación, adaptada a tempos de COVID.
02/12/2020
VENRES DE HISTORIAS. 4 DE NADAL
Convidámosvos a un VENRES DE HISTORIAS distinto.
O 3 de decembro de 2020, é o Día Internacional das persoas con Discapacidade e aproveitando esta data invitámosvos a ver dúas curtas tal e como as verían as persoas cegas; a través dunha AUDIO DESCRICIÓN.
Apagade a pantalla, pechade os ollos e vede (con outra mirada) as curtas de hoxe: EL REGALO de Jacob Frey e PIP UNIVERSIDAD CANINA de Bruno Simoes.
VENRES DE HISTORIAS . NADAL
Neste mes tan especial preparamos uns VENRES DE HISTORIAS que agardamos vos fagan pensar, rir, reflexionar, medrar e ser cada día mellores.