Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua materna visitounos Raquel Queizás cun espectáculo cheo de imaxinación, divertido e educativo. Contounos varias lendas galegas, con mouros, mouras, nubeiros e uns cantos seres máxicos da nosa terra. Falounos dos petróglifos, da nosa lingua e outros tesouros que son de todos/as os/as galegos/as e, sobre todo, de IGUALDADE.
Este venres, 14 de febreiro, tocou o visionado dunha curtametraxe en Primaria e nada mellor que declarar o noso amor polos libros, coma sucede en "Os fantásticos libro voladores do Señor Morris Lessmore" de William Joyce.
En Infantil leron e desfrutaron con "Negros e brancos" de David Mckee.
Así mesmo desfrutaron da lectura, os máis pequenos do cole, do libro "O xigante segredo do avó" da man de Amaya e José Alonso, coma xa nos fixeron desfrutar en Primaria a semana anterior.
O pasado venres 7 de febreiro comezaron, de novo, os VENRES DE HISTORIAS, desta vez con José Alonso e Amaya de 5ºA que nos contaron O XIGANTE SEGREDO DO AVÓ de David Litchfield, publicado por Hércules Edicións.
Para conmemorar o día da PAZ propúxose unha actividade integrada no PDI "Eu son Galicia", que consiste en pensar, percibir e sentir Galicia e debuxala inspirándonos en distintos pintores e pintoras galegas.
O Recuncho Fedelleiro, creado este ano nunha aula contigua á biblioteca do edificio de Primaria, segue a funcionar nos recreos.
Á volta de Nadal son moitas as rapazas e rapaces que acoden a traballar cos Mboots, crear xogos e actividades co Mblock, desfrutar dos xogos de construcións coma o Kapla ou Lego, xogos de lóxica e inxenio coma o Camelot Jr, Cubissimo,...
Dende a biblioteca fixemos unha escolma de libros recén chegados ó noso cole que, sen dúbida, faranvos pasar un bo rato ou facer un agasallo. Felices festas!!
A actividade das Lecturas Compartidas é o punto de inicio de moitas outras actividades.
Neste mes de Nadal orixinou o típico intercambio de agasallos entre compañeiros de lectura e tamén a realización conxunta de debuxos sobre os libros da exposición do 3 de Decembro.