As nenas e nenos de 5ºA seguen a repartir contos polo noso cole. Esta vez visitaron a biblioteca do edificio de educación infantil, alí leron e interpretaron o xa clásico "O coelliño branco" de Xosé Ballesteros e Óscar Villán.
ESTES DÍAS DISFRUTAMOS COA LECTURA DE LIBROS SOBRE MULLERES ASOMBROSAS, EXTRAORDINARIAS, SINGULARES, FABULOSAS... MULLERES QUE NACERON CO DON DA CURIOSIDADE E O AFÁN DE SABER E DE SABER FACER.
Co gallo da celebración do Día Internacional da Lingua materna visitounos Raquel Queizás cun espectáculo cheo de imaxinación, divertido e educativo. Contounos varias lendas galegas, con mouros, mouras, nubeiros e uns cantos seres máxicos da nosa terra. Falounos dos petróglifos, da nosa lingua e outros tesouros que son de todos/as os/as galegos/as e, sobre todo, de IGUALDADE.
Este venres, 14 de febreiro, tocou o visionado dunha curtametraxe en Primaria e nada mellor que declarar o noso amor polos libros, coma sucede en "Os fantásticos libro voladores do Señor Morris Lessmore" de William Joyce.
En Infantil leron e desfrutaron con "Negros e brancos" de David Mckee.
Así mesmo desfrutaron da lectura, os máis pequenos do cole, do libro "O xigante segredo do avó" da man de Amaya e José Alonso, coma xa nos fixeron desfrutar en Primaria a semana anterior.
O pasado venres 7 de febreiro comezaron, de novo, os VENRES DE HISTORIAS, desta vez con José Alonso e Amaya de 5ºA que nos contaron O XIGANTE SEGREDO DO AVÓ de David Litchfield, publicado por Hércules Edicións.