O Concello achegounos a programación de actividades da Aula CeMIT, así que podedes informar aos vosos familiares e amigos por se están interesados.
22/05/2022
CELEBRACIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2022
QUE BEN O PASAMOS ESTE ANO CELEBRANDO O NOSO DÍA, O DAS LETRAS GALEGAS !!!
TIVEMOS TEMPO DE ESCOITAR A VIDA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN DA MAN DA POLIFACÉTICA ARTISTA RAQUEL QUEIZÁS, INVESTIGAMOS NA BIBLIOTECA SOBRE O ESCRITOR, PARTICIPAMOS NUNHA ROLDA DE PREGUNTAS, ESCRIBIMOS, EMITIMOS UN PODCAST E ATA BAILAMOS CON MOITA ILUSIÓN A CANCIÓN "TERRA", DO GRUPO TANXUGUEIRAS.
GOZAMOS COAS NOSAS LETRAS !!!
19/05/2022
VENRES DE HISTORIAS. A POUSADA
Unha historia con truco...para este VENRES DE HISTORIAS, é a que nos traen Claudia e Ángel de 4º B.
Algunha maga ou mago máis polo Vales??
18/05/2022
LETRAS NA PRIMAVERA.
AS NENAS E NENOS DE 1º ESTAN A TER UNHA PRIMAVERA CHEA DE LETRAS, PALABRAS, HISTORIAS E CONTOS.
MIRADE BEN!!
12/05/2022
VENRES DE HISTORIAS. DAS MÜESLI
- Subide o volume e escoitade a música.
- Ampliade o tamaño da imaxe e..
BIBLOFEIRA LETRAS GALEGAS 2022
06/05/2022
O espectáculo "As nosa letras" do Mago Teto este sábado 7 de maio na Aula de Cultura Xulio Cuns para público familiar
O Concello de Betanzos inicia o programa das Letras Galegas do ano 2022 co espectáculo de maxia "As nosas letras" do Mago Teto que terá lugar o vindeiro sábado 7 de maio ás 18:00 h na Aula Municipal de Cultura Xulio Cuns dentro do programa Lingua a escena da Rede cultural da Deputación da Coruña e programa das Letras Galegas.
O Mago Teto levará a escena a recomposición das cantigas de Afonso X, descubrirá unha incrible espada enmeigada de Merlín e Familia, o espírito do mestre Castelao fará aparecer un dos seus debuxos no espectáculo, e fará unha adiviñación semántica con obras de Risco, Rosalía e Blanco Amor.
O espectáculo está destinado para público familiar e a entrada é gratuíta por orde de chegada e ata completar a capacidade, a súa duración son 55 minutos e poden asistir ata dúas persoas adultas con cada neno ou nena.
05/05/2022
VENRES DE HISTORIAS. CAPERUCITA ROJA
As nenas e nenos de 5º E achégannnos esta versión, escrita por ROALD DAHL, do conto clásico e coñecido por todas CAPERUCITA ROJA.
O libro, CUENTOS EN VERSO PARA NIÑOS PERVERSOS, do gran autor ROALD DAHL, podédelo atopar na biblioteca.
28/04/2022
VENRES DE HISTORIAS. MI ABUELITA
O vindeiro 1 de maio é o día da Nai e neste VENRES DE HISTORIAS queremos homenaxear a todas as nais das vosas nais e pais: AS AVOAS coa curtametraxe titulada "MI ABUELITA" dirixida por Giselle Perez.
Con elas, co seu apoio, traballo, compaña, coidados, sorisos, comidas... a vida é mais doada, divertida e saborosa.
GRAZAS!!
23/04/2022
UN LIBRO É...
DESPOIS DE VISITAR A BIBLIOTECA E VER A BIBLOFEIRA QUE PREPARAMOS PARA CELEBRAR O DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DE AUTORÍA, MOITOS DE VÓS LEVÁCHEDES UN LIBRO E DESPOIS TIVÉCHEDES MOITO QUE DICIR SOBRE QUE É PARA CADA UN DE VÓS UN LIBRO.
DISFRUTAMOS CON RAQUEL QUEIZÁS ADIANTÁNDONOS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO
21/04/2022
VENRES DE HISTORIAS. SKETCH TRAVEL
Mañá, sábado 23 de abril, celébrase o DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO polo que neste VENRES DE HISTORIAS, compartimos con todos vós esta fermosa historia.
Esta curta creouse coma parte dun proxecto de SKETCHTRAVEL, un proxecto benéfico internacional no que se distribuiu un caderno de bocetos vermello a 71 artistas de todo o mundo durante 4 anos e medio. O SKETCHBOOK orixinal vendeuse por 70.000 euros que se destinaron a construción de bibliotecas para apoiar a alfabetización de nenas e nenos.
NOTA: ver polo menos dúas veces!!
16/04/2022
CONCURSO DE REDACCIÓN "DÍA DA NAI"
A Asociación de Comerciantes e Empresarios de Betanzos, Centro Comercial Aberto (ACEBE CCA) convoca un concurso de redacción para escolares
"Día da nai 2022"
As redaccións deberán ser orixinais e escritas en galego. O prazo estará aberto ata o 22 de abril de 2022.
Podedes consultar as bases no seguinte enlace:
https://comerciodebetanzos.com/media/banner/bases-concurso-dia-da-nai_59418.pdf
BIBLOFEIRA : Día Internacional do Libro Infantil e Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autoría.
O mes de abril é moi especial porque nel se dan dúas celebracións . O día 2 foi o Día Internacional do Libro Infantil e o día 23 será o Día Mundial do Libro e dos dereitos de Autoría.
08/04/2022
VENRES DE HISTORIAS. A MANCHAS OU A RAIAS?
Esta semana os rapaces de 4ºB comparten con todos a historia A MANCHAS OU A RAIAS? de Estefanía Palullés.
Un relato moi actual e vixente que nos fai reflexionar onde poñer o noso FOCO.
Vós onde o poñedes, no que vos une ós demáis ou nos que vos separa?








_page-0001.jpg)

