As nosas mascotas andan moi activas últimamente e Leo e Mariña mandaron outra carta a todos os nenos e nenas do cole, nesta ocasión, para convidalos a visitar a biblioteca e deixar alí os seus debuxos e logos das mascotas dos países que estades a investigar. Esta é a carta, que tamén podedes ler nas vosas clases.
Animádevos a participar dende o día 7 ao 11 deste mes.
Hoxe é un día moi especial para a fada Mariña e para min, xa sabedes, Leo , o rato da Biblioteca, porque celebramos o Día das Bibliotecas.
Por iso recibíchedes nas vosas clases unha carta nosa na que vos pedimos axuda para investigar sobre as DIVERSAS CULTURAS que hai
na Terra.
Por se todavía non chegou á vosa aula, Mariña e máis eu decidimos publicala tamén no blog e así a podedes ler as veces que vos apeteza.Teredes que estar atentos e atentas porque pensamos escribirvos a miudo.
Hoxe celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS dun xeito moi divertido. Dispuxemos varias tendas de campaña polo cole para que podades reservar a vosa quenda e ler cos vosos amigos e amigas durante os recreos das próximas dúas semanas.
Estamos seguros de que atoparedes moitas historias de medo, de bruxas e seres do inframundo...nas exposicións que hai na entrada e dentro da biblioteca.
Hoxe, 17 de outubro celebraremos este día baixoo lema:
“ANTES, DURANTE E DESPOIS DAS GUERRAS”.
Nos seus textos, as escritoras reflicten sentimentos e desexos incumpridos en tempos de conflito bélico. As escritoras galegas participan de esta homenaxe. Queredes comprobalo? Animádevos a :
Sabedes que na biblioteca tedes moitos libros escritos por mulleres. Fixádevos cantos son !!! Mais, só é unha pequena escolma porque, se nos visitas, atoparás moitísimos entre os andeis.
Os compañeiros de 6ºE quixeron sumarse á celebración deste día facéndolle a súa propia homenaxe aGLORIA FUERTES.
O Día europeo das Linguas celébrase dende o ano 2001 para promover a aprendizaxe de idiomas, o plurilingüismo e defender a diversidade cultural en todo o continente europeo, onde se falan máis de 225 idiomas!!!
E ASÍ, CASE SEN QUE NOS DERAMOS CONTA, ENTRE TANTAS ACTIVIDADES E EMOCIÓNS, CHEGAMOS A FIN DE CURSO.
NON QUEREMOS QUE VOTEDES EN FALTA AS VOSAS LECTURAS FAVORITAS E, POR ISO, IGUAL QUE PREPARAMOS A ROUPA QUE QUEREMOS LEVAR CANDO MARCHAMOS DE VACACIÓNS, O EQUIPO DA BIBLIOTECA PREPAROUVOS UNHA MALETA CHEA DE LIBROS PARA QUE ESCOLLADES CALES PREFERIDES COLOCAR ENTRE OS IMPRESCINDIBLES PARA LEVAR.
A axenda cultural do Concello inclúe unha actividade feita poloscompañeiros e compañeiras de terceiro enmarcada no traballo de investigación do PDI "A Terra" e que leva por título "O que o mar non quere levar"
Noraboa pola exposición e polo traballo!Animádevos a visitala e sacar as vosas propias conclusións.
No Vales andamos de sorte porque últimamente poidemos coñecer a varios escritores e escritoras que nos encantan , dos que aprendemos e lemos moito.
Contáronnos como se iniciaron nisto de escribir, asináronnos as súas obras e se prestaron a que os alumnos voluntarios da biblioteca lles fixeran entrevistas para a nosa radio
A historia real na que está inspirada, conta que GANDHI ía montarse nun tren cun amigo e coma non tiñan cartos ían subirse en marcha a un tren de mercadorías.
Ó arrancar o tren, GANDHI e o seu amigo correron para subir e, o saltar, GANDHI perdeu un dos zapatos.
O tren ía moi rápido para baixar e recuperar o zapato e entón decidiu tirar o outro.
O seu amigo preguntoulle: Por que fixeches iso?
GANDHI contestou: A min un zapato só non me serve de nada. Cando cheguemos terei que conseguir outro par. Á persoa que atope ese zapato, non lle servirá de nada. Asi, alguén terá, polo menos un par de zapatos e lle serán útiles...
Dirección: Sarah Rozik Guión: Mohammed Maher Director de fotografía: Haitham Nasser Montaxe: Eman Samir Música e deseño de son : Mohamed Hassan Elhanafy Director de arte: Hassan Elplisy Produccción: Yasser Elfishawy Actores : Ali Rozik y Omar Rozik