01/12/2023

Novidades na biblio...MASHA Y EL OSO - ¡QUE VIENE EL LOBO!

Masha é unha nena moi, moi travesa e moi curiosa a quen lle gusta xogar con todo o que ve e con todos cos que se atopa polo camiño, xa sexa o seu amigo Oso... ou uns lobos malvados e famentos. Pero non hai nada que temer, é moi probable que todos acaben perdendo a paciencia #ante as travesuras de Masha. 

¡QUÉ VIENE EL LOBO! de Biblioteca Vales Villamarín

VENRES DE BIBLIO



Venres de historias : O coelliño branco

SE QUERES ESCOITAR UN CONTACONTOS, ANÍMATE A VIR Á BIBLIOTECA NO RECREO DO VENRES E PODERÁS VER O QUE PREPARARON AS VOSAS COMPAÑEIRAS DE 5ºc DE PRIMARIA.
venres de historias de bibliotecavales 

30/11/2023

Novidades na biblio...¡ESTOY HARTO DE LA NAVIDAD!

O paporrubio protagonista deste conto vive moi tranquilo ata que chega o Nadal... e todo se enche de luces e ruído! Na súa procura dun lugar onde poder durmir en paz, diversos amigos ofrécenlle comida e abrigo, pero o paporrubio só atopa descanso e serenidade xunto a un Neno moi especial.

ESTOY HARTO DE LA NAVIDAD de Biblioteca Vales Villamarín

27/11/2023

Hoxe presentamos...SUPER CHISTES

 Aquí vos traemos a colección máis divertida da nosa biblioteca. Nunca deixedes de rir.

COLECCIÓN SUPERCHISTES de Biblioteca Vales Villamarín

24/11/2023

Día internacional da non violencia contra as mulleres

HOXE É UN DÍA MOI ESPECIAL PORQUE ESTAMOS A CELEBRAR UNHA DATA, A DO 25 DE NOVEMBRO,  QUE NOS RECORDA QUE AÍNDA VIVIMOS NUNHA SOCIEDADE QUE NON TRATA DE FORMA IGUALITARIA AOS HOMES E AS MULLERES. 

ÁS VECES, NOS CHEGAN MENSAXES QUE VAN CALANDO, PERO NON NOS DAMOS CONTA. MIRADE, SENÓN, QUE OCORRE CON ALGUNHAS PELÍCULAS DE DISNEY.



23/11/2023

Novidades na biblio...VIOLETA ÁS AGACHADAS

A Violeta nada lle gusta máis que xogar ás agachadas. Na casa, sempre busca o mellor lugar onde esconderse: debaixo das camas, dentro dos armarios, nas lacenas da cociña... E cando xa non lle queda ningún escondedoiro por descubrir, procura outros refuxios. E así... Un álbum ilustrado onde aprender e percorrer os meses do ano e as súas características seguindo os soños de Violeta, a protagonista.

VIOLETA ÁS AGACHADAS de Biblioteca Vales Villamarín

Novidades na biblio...PETER PAN

 Libro infantil interactivo, con sorprendentes pop ups para aprender, xogar e descubrir. As súas divertidas ilustracións, con cor e movemento, farán voar ao lector, da man de Peter Pan, o neno que non quere crecer, cara ás incribles aventuras que só ocorren en Nunca Xamais.

PETER PAN de Biblioteca Vales Villamarín

Novidades na biblio...ES QUE ME CRUCÉ CON...

Para descubrir o poder desbordante da imaxinación infantil. Un neno quedou co seu pai, pero chega tarde. Así que inventa unhas cantas escusas, en verso, a cada cal máis surrealista para convencelo de que non foi a súa culpa chegar tarde, senón a duns cantos animais que facían cousas tan tan raras que tivo que pararse con cada un. Un caracol en bicicleta, un bufo tecedor, unha xoaniña atleta e ata un corvo con anxinas. En fin, o mundo das mentiras infantís convertido nun conxunto de imaxes...

ES QUE ME CRUCÉ CON... de Biblioteca Vales Villamarín

Novidades na biblio...MORTO DE FAME

A irmá do conde Drácula está moi preocupada porque o seu fillo non é cruel e sanguinario: é boísimo. Drácula dille que o mande á súa casa, que xa se encarga el se encargará de convertelo nun verdadeiro vampiro aterrador. Mentres, Draculiño vai como cada noite visitar o seu amigo Lobiño, que lle garda algúns doces que prepara na súa pastelaría para que o vampiro poida cear, xa que non quere nin probar o sangue. Os dous lévanse moi ben e forman unha cuadrilla de amigos xunto a outros personaxes da Fraga, como Garavanciño ou Riciños. Draculiño é moi feliz, ata que lle cae un cairo e leva un terrible desgusto.


MORTO DE FAME de Biblioteca Vales Villamarín

VENRES DE BIBLIO



22/11/2023

LE, PENSA E ACTÚA

Libros para ler, pensar e actuar.

25 de Novembro. Día Internacional da eliminación da violencia contra a MULLER.

 

20/11/2023

Hoxe presentamos...CLOE Y SU UNICORNIO

 Aquí vos traemos outra fermosa colección de bada deseñada para que o pasedes en grande. Recorda que podes atopar estos libros na biblioteca.

COLECCIÓN CLOE Y SU UNICORNIO de Biblioteca Vales Villamarín

18/11/2023

Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia

Hoxe estamos en Santigo na Xornada de Bibliotecas Escolares de Galicia. De seguro que volvemos ao cole cunha chea de ideas novas.



INAUGURACIÓN DA XORNADA

IMPRESCINDIBLES BEDETECAS
Conferencia plenaria. Miguelanxo Prado


A IA COMO A TÚA COMPAÑEIRA CREATIVA
Obradoiro. Luís Xabier Martínez Rolán

MEDIAR A LECTURA ENTRE FANS E REDES SOCIAIS
Conferencia plenaria. Daniel Cassany.

LOITA CONTA A DESINFORMACIÓN: CONCEPTOS CLAVE E RECURSOS
Conferencia plenaria. Alberto Dafonte


COMUNICACIÓN: LER CÓMIC É LER. A COLECCIÓN DE BANDA DESEÑADA
Sira González e Xosé Antón Vilaverde

POSIBILIDADES DA BD NO ENSINO E NA DIVULGACIÓN
Mesa redonda. Xulia Pisón e Jorge Campos. Modera Sira González



17/11/2023

Venres de historias

SE QUERES ESCOITAR UN CONTACONTOS, ANÍMATE A VIR Á BIBLIOTECA O RECREO DO VENRES E PODERÁS VER O QUE PREPARARON AS VOSAS COMPAÑEIRAS DE 5ºc DE PRIMARIA.