Dende a Biblioteca animámosvos a todos a sementar PAZ.
Vinde visitarnos, escollede con agarimo un libro relacionado coa PAZ, CONVIVENCIA, AMIZADE, VALORES... e deixade que agrome e medre nos vosos CORAZÓNS.
Dende a Biblioteca animámosvos a todos a sementar PAZ.
Vinde visitarnos, escollede con agarimo un libro relacionado coa PAZ, CONVIVENCIA, AMIZADE, VALORES... e deixade que agrome e medre nos vosos CORAZÓNS.
Estamos no ano 2020. Mais non no noso 2020. Nesta realidade alternativa, o mundo leva na escuridade 12 anos. Logo do grande apagón, a electricidade desapareceu, talvez para sempre. Galicia vive tempos convulsos, de medo, tebras e fanatismo. Mais algo está a piques de mudar nun recanto da Vía da Prata que se dirixe a Santiago. Mariña, unha nena especial, vivirá unha inesperada aventura na procura da luz. Acompáñanos nesta alucinante viaxe.
Os venres seguen a ser o noso día preferido porque nos recreos temos moitas historias que contar. Nesta ocasión, alumnos de 5ºB dan a coñecer a historia de Mulán e un grupo de rapazas de 6ºD fan a súa propia versión de As tres mellizas: Papá Noel.
Hoxe queremos que descubras a Olivia, a protagonista duha serie de cómics repleta de aventuras, misterio, acción, personaxes divertidos, un toque de maxia, ecoloxía e moito humor!
COMEZAMOS ANO E NON PODEMOS FACELO DE MELLOR FORMA, TOCANDO O PIANO NA BIBLIOTECA O PRIMEIRO VENRES DE VOLTA DAS VACACIÓNS. FARANNO, NESTA OCASIÓN, AS COMPAÑEIRAS DE 6º C, MARTA E CLAUDIA .
Aquí tedes unha serie de banda deseñada que vos fará rir a gargalladas. Non esquezades pasar pola biblioteca.
O pasado venres, día 15 de decembro, xuntamos os venres de historias co conto A que sabe a lúa? cunha novidade que haberá a partir de agora, os venres musicais. Estes estreáronse coa canción "Don´t go yet". A continuación deixámosvos unha mostra de canto gustou esta combinación.
Aquí vos deixamos unha magnífica colección para que coñezades, dun xeito divertido, a personaxes interesantísimos e relevantes da nosa historia. Agardamos que vos guste.
Unha nova forma de contar a historia. Agardamos que che guste.
As nenas e nenos de 3º achegáronse á biblioteca para iniciarse no método científico, a través dun sinxelo experimento relacionado coas plantas.
A observación é fundamental, así coma facerse preguntas e xerar hipóteses. Eles mesmos descubriron, coma xa os CELTAS, dividiron o ano en función das fases lunares e a cada mes lle asignaron unha árbore.
Nunha breve sesión, combinaron pasado e presente da ciencia.
Aquí traemos unha aventura fantástica para que a vosa imaxinación non deixe de voar.
Un fantástico recompilatorio de oito contos clásicos, en maiúsculas e con pictogramas, que favorecen a lectura autónoma. Ideal para aprender a ler!